Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.
Skip to content
Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Setembro 2017 23:17
508347-944-832
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.