Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Festa e premios para os alumnos participantes do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña.
Skip to content
Festa e premios para os alumnos participantes do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Sábado, 18 Xuño 2011 20:20
Auditorio Municipal de Gondomar

 

 

 

 

 

 

 

A Concellería de Educación do Concello de Gondomar propúxose este ano, entre outras cousas, recuperar o Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña que, por diversas circunstancias, quedara truncado na súa 8ª edición, ano 2009. Trátase dun concurso de poesía e narración de ámbito miñorán dirixido aos escolares de primaria, ESO e bacharelato desta bisbarra, que pretende contribuír a potenciar a creatividade literaria da mocidade, en lingua galega.


Como resultado deste esforzo, no que colaborou o Instituto de Estudos Miñoranos, o próximo luns día 20 terá lugar a entrega dos premios acadados polos alumnos participantes nun acto, aberto a todo o que queira asistir, que se celebrará ás 10 da mañá no Auditorio Municipal "Lois Tobío", acto que estará conducido pola poeta e profesora Marta Dacosta e amenizado polo contacontos Mario Tomás. Entregaráselles a todos os asistentes un libro que recolle os traballos premiados na convocatoria anterior e na actual. Ao final haberá degustación das famosas trenzas de rosca de Gondomar e refrescos.