Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Actividades con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro.
Skip to content
Actividades con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Setembro 2011 01:14
cunqueiro_traza-01-01

A Sección de Lingua e Literatura do Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha serie de actividade con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro, en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultual da Universidade de Vigo e que se desenvolverán segundo o seguinte calendario:

  • venres 16 de setembro, recital poético de textos de Álvaro Cunqueiro a cargo dos poetas Elvira Riveiro e Anxo Angueira, concerto musical baseado en textos de Cunqueiro a cargo de César Morán e representación do prólogo do Incerto señor don Hamlet a cargo do grupo "Non si? Teatro". Terá lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, ás 20:30h.
  • venres 23 de setembro, presentación e proxección do documental en homenaxe a Álvaro Cunqueiro  a cargo do seu director, o profesor da U. de Vigo, Manuel Forcadela. Terá lugar na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" ás 20:30h.