Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos O Auditorio Lois Tobío acolleu o primeiro acto-homenaxe do Val Miñor ao Centenario de Álvaro Cunqueiro.
Skip to content
O Auditorio Lois Tobío acolleu o primeiro acto-homenaxe do Val Miñor ao Centenario de Álvaro Cunqueiro. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 19 Setembro 2011 22:08
homenaxe-cunqueiro

Á tardiña, Rexina Vega, a súa filla Sara Salceda e mais Marta Dacosta poñían voz a unha escolma de poemas de Álvaro Cunqueiro. Así comezaba o acto - homenaxe celebrado no Auditorio Lois Tobío, na Vila de Gondomar, o pasado venres 16 de setembro, organizado polo IEM en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo e o Concello de Gondomar. O centenario do escritor nado en Mondoñedo, continuou coa representación do prólogo da súa obra "O incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca" a cargo da Escola Non Si? Teatro de Baiona.

O público tamén gozou dun fermoso concerto do músico César Morán (guitarra e voz), acompañado no contrabaixo por Alfonso Morán (Real Filharmonía de Galicia) os que interpretaron versos musicalizados de Cunqueiro. O concerto consistiu nun adianto dun libro - disco do músico, a piques de publicarse.
Estas actividades son a achega que dende o Val Miñor se fai ás celebracións do Centenario de Cunqueiro impulsadas por distintas institucións culturais e educativas e terá continuidade o venres 23 de setembro coa presentación dun vídeo sobre Álvaro Cunqueiro dirixido polo profesor da Universidade de Vigo, Manuel Forcadela.