Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo.
Skip to content
Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 24 Xaneiro 2012 20:25
tucho-calvo-libro

O IEM inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.
A obra
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , nace a partir dunha entrevista de Tucho Calvo a Valentín Paz-Andrade a comezos dos anos oitenta, na súa casa de Pousa Nova do Mar, a carón da praia viguesa de Samil.
Co fío dese faladoiro, o autor narra as vivencias de quen tivo unha presenza sobranceira non só na política galega, senón tamén na cultura e no mundo empresarial: viaxeiro incansable que mantivo vivas as relacións co exilio galego; poeta, avogado e xornalista que dirixiu nos anos vinte o diario Galicia e, deica a súa morte, a que hoxe é decana mundial das revistas do sector pesqueiro, Industrias Pesqueras; impulsor de Pescanova; técnico da F.A.O. que xa en 1960 alertou dos perigos do tema das 200 millas para as flotas españolas; perseguido e represaliado na posguerra; membro da "Comisión de los diez" que negociou a transición co Goberno da UCD e senador por Pontevedra nas Cortes Constituíntes.
O libro a presentar trátase dunha reedición, corrixida e aumentada, editado nesta ocasión por Biblos, a editorial que dirixe o propio Tucho Calvo.
Enlaces de interese
Valentín Paz-Andrade
Biografía de Paz-Andrade feita por Isacc Díaz Pardo
Álbum de imaxes de Paz-Andrade
Bibliografía de Paz-Andrade
Información do libro
Editorial Biblos
Artigo Faro de Vigo: "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", una biografía anticipatoria.
Artigo La Voz de Galicia: Tucho Calvo reedita ou seu libro «Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX».
Tucho Calvo
Autobiografía de Tucho Calvo.