Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Tucho Calvo presentou o seu libro no IEM
Skip to content
Tucho Calvo presentou o seu libro no IEM PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 02 Febreiro 2012 20:57
iempresentacion

Un repaso ao século XX en Galicia a través da mirada de Valentín Paz-Andrade é o que nos propuxo o escritor Tucho Calvo na presentación do seu libro. A obra convida a unha percorrida pola vida do persoeiro ao que a Real Academia Galega decidiu outorgarlle o Día das Letras Galegas 2012. Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX , foi definido como "un libro contra a marxinación e o esquecemento" deste loitador polifacético, en palabras de Tucho Calvo.
Esquecemento e marxinación que por exemplo Paz-Andrade sentiu –e confesou a Calvo- durante o proceso de redacción do novo proxecto de autonomía para Galicia, na transición. Un episodio histórico polo que loitou ao longo da súa vida (custándolle a cárcere e a represión por parte da ditadura), e que cando se consumou as novas clases dirixentes decidiron manterllo afastado.
Nese contexto xurdiron os primeiros encontros entre Calvo e Paz-Andrade. Amodo, o entrevistado foi lembrando as adversidades polas que atravesou antes e despois da guerra civil. Un cúmulo de situacións ao borde do novelesco, que levou a Calvo a salientar a súa capacidade para sobrevivir e sobrepoñerse ante os golpes da vida.
No transcurso da presentación, Tucho Calvo fixo referencia á obra literaria, ensaísta, política, ecolóxica e económica que legou Paz-Andrade a Galicia. Reflexionou que tal vez co nomeamento dun Día das Letras Galegas a Paz-Andrade, comece unha etapa de redescubrimento do persoeiro galeguista.
Achegamos a conferencia completa de Tucho Calvo coa presentación da escritora Marta Dacosta.
Dim lights Embed Embed this video on your site