Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos "Contos Estraños", a Galiza fantástica do século XXI, creada por un par de "mentes enfermas e retorcidas".
Skip to content
"Contos Estraños", a Galiza fantástica do século XXI, creada por un par de "mentes enfermas e retorcidas". PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Venres, 27 Abril 2012 12:02
debuxo-j-ares

"Que acontece co fantástico e o grotesco, co terror e a anticipación, co abraiante e o estarrecedor?"  A literatura galega "está a mudar", afirman Fernando Cimadevila e Tomás González, dous novos editores convencidos de que os xéneros emerxentes deben medrar para que a oferta editorial do país non perda poder de sedución ante os lectores. Para iso crearon Contos Estraños, unha editorial que ten por primeira obra un libro de igual título onde unha ducia de escritores dos mal chamados "xéneros menores", achegaron contos, dous esbozos de novela e unha tradución ao galego dun escritor clásico da literatura pulp, Robert Herwin Howard.

Contos Estraños é "unha declaración de intencións", a desenvolver por obra "dun par de mentes enfermas e retorcidas", en termos dos seus creadores. Nembargante, unha primeira ollada ao volume cero da serie(Contos Estraños. Steam pulp da Galiza. Volume 0 "Amañeceres Estraños", CE,2011) revela que esa declaración de intencións é un verdadeiro compromiso editorial cun espazo da tradición narrativa galega, que seguía a sobrevivir máis pola tradición oral que pola súa recreación escrita.

Por iso, Cimadevila e González pregúntanse no limiar de Contos Estraños "Onde foron os contos de aparecidos, de trasnos, de mouros e de meigas que enchen a nosa tradición oral?" Responden cos relatos de Xosé Duncan (O ollo do corvo), Manuel Ángel Gayoso (A morte branca), David Botana (O Tarzán da Mella), Santiago Bergantinhos (O home e a súa lágrima), Manuel González (O último minuto), Fernando Pérez (A ardua vida do non morto), Roberto A. Rodríguez (As penas de Leopoldo Quintás), Manuel Castiñeiras (Erro 404); dúass novelas "por entregas" como Primeiros (1ª Parte), de Fabian Plaza e Dark (1ª Parte), de Ernesto Diéguez; e rematando cunha tradución de Tomás González  do conto de R.E. Howard, Deuses do Norte.

Como valor agregado, o deseño dos textos están acompañados por fotografías de Enric Martínez, e ilustracións de José M. Picón (capa),  José Ángel Ares e Fernando Bravo (interior).

Tanto o libro como a editorial foron presentados por Cimadevilla e González na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o pasado xoves 19 de abril, por certo, nunha tardiña de choiva e ceo pechado ideal para un faladoiro sobre a literatura do fantástico e misterioso. Seguramente por mor diso, os clásicos 40 minutos que levan este tipo de presentacións remataron en máis dunha hora de conversa co público asistente. Nese intercambio tamén se abordou a actualidade editorial en Galicia, as achegas e desafíos que presentan as novas tecnoloxías así como a súa pegada no futuro literario do país. Reflexións e debates que foron presentados por Miguel Anxo Mouriño (IEM) e quedaron rexistrados no vídeo que acompaña esta nota.

Dim lights Embed Embed this video on your site