Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos A presentación do libro que recolle o epistolario Casal - Cunqueiro abriu novas lecturas sobre o escritor.
Skip to content
A presentación do libro que recolle o epistolario Casal - Cunqueiro abriu novas lecturas sobre o escritor. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 11 Outubro 2012 23:12
mesa-conferenciantes-casal-
alberto-casal-rivas
aula-de-cultura-casal-rivas
Cordas-Novas
casal-xulian-rivas
cesar-cunqueiro
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

A presentación do libro Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961),o pasado 5 de outubro na Aula de Cultura Ponte de Rodas abarrotou o Instituto de Estudos Miñoranos. A encargada de dirixilo foi a profesora e escritora Rexina Veiga; mentres que oito membros do grupo Cordas Novas de Coruxo ofreceron a parte musical que abriu o acto. O acto contou cunha mesa de conferenciantes integrada por César Cunqueiro (fillo de Álvaro Cunqueiro), así como o ex director de Faro de Vigo, Ceferino de Blas, o editor Luís Cochón e o codirector dos Cadernos Ramón Piñeiro, Manuel González , o presidente da Real Academia Galega,Méndez Ferrín e o autor e destinatario das correspondencias, o notario Alberto Casal Rivas.

Apertura "Cordas Novas"

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Veiga indicou que "hai versos de Cunqueiro que son máis ca un verso" e brindou pola existencia deste conxunto epistolar publicado polo Centro Ramón Piñeiro xa que nel "atopamos un territorio máis privado; un amigo que le e que comprende", en alusión a Casal.

Intervención completa de Rexina Vega

Dim lights Embed Embed this video on your site

Intervención completa de Ceferino de Blas

Dim lights Embed Embed this video on your site

Pola súa banda, Manuel González, do Centro Ramón Piñeiro, cualificou o libro de "magnífico" e resaltou do mesmo a súa utilidade para coñecer a amizade que unía a ambos os dous homes pero tamén para saber máis as "penurias económicas" de Cunqueiro naquela época e a "enorme" soidade que viviu en Mondoñedo que deixaron "trazas" na súa obra. A importancia do Centro Ramón Piñeiro neste volume é fundamental xa que foi incluído dentro dos seus cadernos.

Intervención completa de Manuel González

Dim lights Embed Embed this video on your site

A continuación, Xosé Luís Cochón, o editor do libro, cualificou a Casal como mellor amigo de Cunqueiro e deste último destacou que logrou "saír airoso do oficio de vivir", sacando aos seus fillos adiante mantendo o oficio de escritor.

Na súa intervención, César Cunqueiro salientou a labor de Xosé Luís Cochón, como editor da obra. Destacou que as cartas entre o seu pai e Casal "iluminan, mostran anacos do proceso de creación" narrativo que desenvolveu o escritor.

Tras César Cunqueiro, a quenda de palabra recaeu en Méndez Ferrín. "Cada vez que se fala de Cunqueiro, síntome implicado. Coñecino cando era un señor que escribía non Faro de Vigo, cando algún crítico dicía do que era un 'vangardista disparatado', algo polo que xa me empezou a caer ben".

Respecto de Alberto Casal, coñeceulle por mor da lectura de "Merlín e familia"; na dedicatoria, aparecía o seu nome.

Ao final do acto, Alberto Casal pronunciou unhas palabras de agradecemento aos conferenciantes así como ao público presente.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O grupo Cordas Novas  foi o encargado do broche final interpretando tres temas