Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Colaboracións Literarias, novo espazo para alimentar o espírito dos letraferidos.
Skip to content

Relacionados

Colaboracións Literarias, novo espazo para alimentar o espírito dos letraferidos. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Martes, 26 Febreiro 2013 11:30
acrilica

A sección de Lingua e Literatura vén desenvolvendo diversas actividades, algunhas periodicamente e outras (as máis) cada vez que hai un evento, unha efeméride, unha oportunidade que aconsella a súa actuación. Posteriormente, a web do IEM recolle e ordena os datos necesarios para dar noticia de cada acto con material escrito e gravado, co que se vai creando un corpus importante con afán divulgativo. A vocación literaria da sección, a de achegar máxicos grans de area telúrica na tarefa de alimentar o espírito dos letraferidos, quedaba reservada só aos propios actos culturais. Estas consideracións desembocaron nun primeiro intento de servir aquela vocación e creouse a subsección chamada Textos Literarios que rescataba este tipo de escritos que foran xa publicados nas revistas do IEM. Parecía unha actuación interesante pero insuficiente para colmar as aspiracións que nos inspiraban e, recentemente, decidimos a creación dun novo apartado con material literario máis variado e dinámico, resultado da colaboración desinterasada de tantas persoas que nos ollan cun sentimento de simpatía formando unha especie de contorna afectivo-cultural do Instituto.

Dados os pasos previos necesarios, enviamos a solicitude a ducias de potenciais cooperadores para poderlles ofrecer aos nosos lectores pezas literarias, de todo tipo, de autores actuais, cunha periodicidade semanal, se o éxito da convocatoria así o permite. É máis, considérese esta introdución como unha invitación a quen queira botar unha man plumífera enviando algún traballo ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Asemade, decidimos, tamén, reutilizar o apartado existente co nome de Autores para ir relacionando nel os que o son dos textos publicados, xunto cunha bio-bibliografía, ben mediante escrito adxunto, ben mediante ligazón a un sitio web que a conteña.

Hoxe bota a andar esta nova subsección, que demos en chamar, con máis desexos de claridade que de orixinalidade, Colaboracións Literarias, da man dun microrrelato que nos achega Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Oxalá gustedes desta primeira criatura e de todas as que irán poboando a nosa web de trasnos verbais.

 

Miguel Anxo Mouriño

Sección de Filoloxía e Literatura do IEM