Colaboracións Literarias: “Microrrelatos dende a Patagonia”. Imprimir

Filoloxía e literatura - Artigos
Martes, 09 Abril 2013 23:08
Hoxe publicamos a primeira achega "ultramariña" das Colaboracións Literarias. Os "Microrrelatos dende a Patagonia", son feitura de Santiago Márquez Pérez, nado en Morgadáns o 17 de Febreiro de 1948. Fillo e, último descendente, de campesiños labregos, que sufriran a sangría da emigración no último século e medio. Dende os 8 anos viviu en Montevideo, Uruguai onde casou e tivo tres fillos. No ano 1984 mudou á Patagonia arxentina, onde actualmente reside. Preme aquí para descargar o relato.