Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Colaboracións Literarias: “Brila, NO ANO DE ROSALÍA”
Skip to content

Relacionados

Colaboracións Literarias: “Brila, NO ANO DE ROSALÍA” PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 21 Maio 2013 18:56
Débense corrixir os orixinais de Rosalía de Castro? Cumpre modificar a ortografía de Otero Pedrayo?
Sinala Miguel Anxo Mouriño que cando un poeta escribía a súa obra en galego antes da existencia de normativas, "este era un idioma popular, sen ningún tipo de rexistros cultos onde poder estudar". A partir desta constatación, Mouriño achéganos unha profunda reflexións sobre a responsabilidade dos correctores e editores contemporáneos á hora de tratar escritos antigos. Presenta para iso unha serie de exemplos que analiza á luz do que considera unha tarefa a prol da dignidade da nosa lingua. Preme aquí para descargar "Brila, NO ANO DE ROSALÍA"