Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres»

O Instituto de Estudos Miñoráns comeza un novo ciclo cos faladoiros do IEM.

Dedicado á muller, «Presenza das mulleres», amosa como fío condutor a importancia e participación desta na sociedade.

PROGRAMA:

VENRES, 17 DE NOVEMBRO

 

Eugenia Trigo Aza. Escritora
- 20:00 h. 'Da motricidade humana ao paradigma vida"
Presenta:
Adela Mirás Calvo
IES Val Miñor de Nigrán

 

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO

 

Adriana Nogueira Gassent. Oceanógrafa
- 20:00 h. ¨A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”
Presenta:
Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM

 

MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO

 

Chis Oliveira. Doutora en Filosofía
- 20:00 h. ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada"
Presenta:
Pilar Vázquez Fouce
Diplomada Universitaria en Enfermería e membro do IEM

 

MÉRCORES 13 DE DECEMBRO

 

Ana Ulla Miguel. Astrofísica
- 20:00 h. ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan"
Presenta:
María Lemos
Xunta de Goberno do IEM

 

As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00h.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Un feixe de miradas sobre a vida de Carlos Casares.Entrevista a Rexina Vega.
Skip to content
Un feixe de miradas sobre a vida de Carlos Casares.Entrevista a Rexina Vega. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 23 Maio 2013 00:12
Rexina-Vega1

Recentemente editado, Carlos Casares, o amigo das palabras, achéganos unha imaxe plural do senlleiro escritor ourensán a partir de trinta e tres entrevistas realizas a diversas personalidades da cultura. Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia, 1965), autor do libro, escolleu a tres membros desta casa que por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Casares para a construción dese feixe de miradas. Hoxe compartimos a entrevista realizada á tamén escritora Rexina Vega, e en sucesivas achegas incluiremos as de  Camiño Noia e Carlos Méixome.

Entrevista a Rexina Vega

Rafael Laso Lorenzo- Como vías ti a Carlos Casares, como escritor e como persoa?

Rexina Vega- Sempre lembrarei a súa ollada, unha ollada que penetraba, que inquiría con elegancia, unha das probas máis luminosas da súa intelixencia. Tamén lembrarei sempre como me sacudiu na adolescencia a lectura de Vento ferido. Para min, Casares era un grande, un escritor incontestable e camaleónico que sabía buscar as liñas de forza de cada época con enorme sutileza. Tamén era un grande intermediario. A cultura española sabía da nosa existencia, respectaba a nosa diferenza, grazas, en parte, ao seu labor.

RFL - Que faceta de Carlos Casares destacarías?

RV- Ese labor de intermediario, de home conciliador, que tendía pontes, que intentaba estiñar a eiva conxénita do noso país: o cainismo.

RFL- Que calidades destacarías na súa escrita?

RV -  A complexidade, o matiz, o afondamento sutilísimo e amargo na condición humana, a capacidade para recrear poéticas diversas e facelas súas, a heteroglosia, a decantación e a profunda sinxeleza dos seu estilo.

RFL -  Se tiveses que escoller unha soa, con cal das súas obras te quedarías? Por que?

RV - Dubidaría, non é fácil quedar cunha, Casares é autor de moitas obras plenas. Pero, como dixen  ao comezo, teño especial predilección pola violencia unida á nenez en Vento ferido e tamén polo xogo erudito (e cunqueiriano) de Os escuros soños de Clío, no que repensa a tradición como fracaso.

RFL - Que crees que lle debe a cultura galega a Carlos Casares?

RV - Casares representaba a figura do pai. Un pai conciliador e protector que buscaba o diálogo desde posicións ben sensatas. Tamén era un estratego, alguén que tiña unha idea clara de que país era non só o desexable, senón o posible. Era unha figura que intentaba desfacer o minifundismo, que traballaba para procurar a converxencia e que conseguía cohesionarnos.  O seu oco ninguén foi quen de enchelo aínda.

RFL - Se che fose posible, que lle preguntarías hoxe a Carlos Casares?

RV - Hoxe, coa sensación de derrubo que aniña en todos, nesta contracción brutal que nos retrotrae décadas, preguntaríalle por estratexias, por camiños posibles para rearmarnos, para resistir con esperanza. Tamén me gustaría que me contase polo miúdo o espírito dos encontros de Verines, que me explicase como percibía el a ollada, a lectura do resto do Estado sobre nós como país, como cultura.