Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Iván Puentes no faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo." Venres 15 de marzo ás 20:30h

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 15 de marzo ás 20:30h ao faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes.

Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa (director da revista Tempos Novos).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Colaboracións Literarias: “A illa no mar chan”, adianto da novela “Galiza Mutante: Poder Nuclear!” de Tomás Ahola.
Skip to content

Relacionados

Colaboracións Literarias: “A illa no mar chan”, adianto da novela “Galiza Mutante: Poder Nuclear!” de Tomás Ahola. PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 28 Maio 2013 21:35
516ea2ce2dc83-capa_gzmutante1

O pasado mércores 22 de maio presentouse en Compostela a primeira novela de Tomás González Ahola, Galiza Mutante: Poder Nuclear!, editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora. Trátase dunha trama postapocalíptica ambientada nunha Galicia que rexorde moitos anos despois dun cataclismo, onde non falta o humor e a sátira social. A illa no mar chan, é o título dun dos contos que integran a devandita obra e que o autor tivo a amabilidade de compartir con nós dentro da serie Colaboracións Literarias.

No libro, O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph'sthulhu, "terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo".

Preme aquí para descargar o relato "A illa no mar chan".