Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Colaboracións Literarias: “GRAZAS, ARIOSTO”, por Miguel Anxo Mouriño
Skip to content

Relacionados

Colaboracións Literarias: “GRAZAS, ARIOSTO”, por Miguel Anxo Mouriño PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 16 Xullo 2013 19:23
O artigo que compartimos esta semana nas Colaboracións Literarias achéganos, ademais dun interesante relato, a posibilidade de ler por primeira vez, algunhas das oitavas do poema Orlando Furioso de Ludovico Ariosto, nunha tradución ao galego directa do orixinal, feita por Miguel Anxo Mouriño. En "GRAZAS, ARIOSTO", Mouriño cuestiona a tradución castelá do poema heroico feita por Urrea no século XVI, e tomada como base das traducións ao galego coñecidas ata o de agora.
Nese senso, o autor do artigo constrúe un texto no que podemos comparar ambas as dúas versións (a orixinal e a súa) e así evitar que os poemas perdan a rima e o ritmo característicos das oitavas reais. "GRAZAS, ARIOSTO", permítenos ademais, revivir con verdadeiro gozo aquelas fermosas novas sobre Baiona e Santa Marta, escritas no Renacemento italiano.
Preme aquí para descargar o texto de "GRAZAS, ARIOSTO".