Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Lembrando A ROSALIA
Skip to content
Lembrando A ROSALIA PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Mércores, 23 Outubro 2013 00:02
auditorio-a-rosalia
Carmen-Penim
Maurizio-Polsinelli
Rexina-Vega-A-Rosalia
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

-Inclúe vídeo da actuación de 2naFronteira e interpretación de textos de Rosalía de Castro polas escritoras Rexina Vega e Marta Dacosta.

Durante a pasada fin de semana tiveron lugar dúas actividades onde a través da literatura, a música e a gastronomía lembramos e agasallamos a memoria da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro. O venres 18 cun concerto no Auditorio Municipal Lois Tobío, que titulamos A ROSALIA e o sábado 19 cun Xantar Rosaliano no Pazo da Escola de Mañufe.

A partir de hoxe e en varias entregas imos compartir os momentos máis cálidos e salientables que tiveron lugar ao longo do recital. Como primeira entrega, vai o vídeo da actuación que abrira o espectáculo a cargo do dúo 2naFroteira, así como os textos de Rosalía de Castro interpretados polas escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega.

Dim lights Embed Embed this video on your site

2naFronteira

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli afincados en Moaña (Pontevedra) forman o dúo 2naFronteira dende o 2008. No 2011 publican en Italia o disco "Humo en los ojos" (piano e voz), que vén recoller parte do traballo de composición que fixeran naqueles anos, principalmente en torno a poemas de Carmen e de poetas en lingua española, como Lorca, Góngora ou Garcilaso. O disco contiña xa tamén dous temas orixinais en galego.

Dende hai algúns anos están inmersos na composición de músicas para poesía en galego, tanto clásica como de poetas actuais. Entre os seus traballos de composición destaca a musicalización de Seis poemas gallegos de García Lorca, ou a de extractos de Cantares Gallegos de Rosalía, así como tamén de poemas do poeta portugués Fernando Pessoa. Sen esquecer outros nomes como Paz Andrade, Celso Emilio, Curros ou Rivas. Proxectos todos eles representados no último traballo: Alma (2013). Neste disco introducen o harmonio, que xa vén sendo nos últimos anos, a carón do piano, un elemento imprescindible nos seus concertos e que entronca con sonoridades antigas e tradicionais de Galicia.

Actualmente están traballando con Otero Pedrayo, Miro Villar, Helena Villar e Díaz Castro (Letras Galegas 2014) e estrearon recentemente un novo tema propio tamén na letra para voz e harmonio: “A Rosa do Couto Mixto”.

A principal característica do dúo é a perfecta unión entre unha elevada calidade técnica e unha grande paixón interpretativa que non deixa indiferente. Unido isto a unhas melodías que van dende a música culta á tradicional e que se encontran á perfección cos textos elexidos.

Carmen Penim

Carmen estudou en Santiago Filoloxía e doctorouse pola UNED en Educación. Publicou o seu libro de poesías Cambio versos por champán no 2010 (Torremozas).  Conta tamén con numerosas publicacións científicas e didácticas. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no  2011 empezou os seus estudos de canto lírico e jazz e de didáctica do canto no método Crossover. Como compositora e intérprete, o seu primeiro disco foi “Humo en los ojos”.

Maurizio Polsinelli

Maurizio realizou os seus estudos de Filoloxía en Roma, e os de piano no conservatorio de Santa Cecilia da mesma cidade. Compositor que colabora en diversos proxectos musicais e teatrais, lidera ademáis o grupo romano Pane co que tén xa editados tres discos. Intervén habitualmente en radios e tv italianas. Destaca o seu eclecticismo e versatilidade musical, ó lado dunha elevada calidade técnica.