Colaboracións Literarias: Amigos do IEM Versus Cianuro Imprimir

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 12 Novembro 2013 20:26
1360872372371mina-oro-corcoestoc4

A Asociación Cultural Caldeirón promoveu recentemente a publicación dun poemario contra a iniciativa da empresa Edgewater de iniciar a extracción de ouro en Corcoesto, unha mina a ceo aberto que empregaría cantidades importantes de cianuro, coa irremediable consecuencia, segundo moitos ecoloxistas e científicos, de danos ambientais irreversibles. As actividades desta empresa na bisbarra foron suspendidas pola Xunta, pero non de forma radical, senón só por non reuniren a dia de hoxe os requisitos necesarios. Por iso a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños segue levando a cabo xestións para conseguir unha suspensión definitiva. Ultimamente conseguiu a adhesión de 236 personalidades do mundo da ciencia e da investigación.
No libro editado por Caldeirón, Versus Cianuro -unha morea-marea de poemas comprometidos- participan poetas de toda Galicia; algúns deles están vinculados a ou relacionados co Instituto de Estudos Miñoranos, que quixo sumarse a esta loita reunindo en breve antoloxía estas achegas de Amigos do IEM Versus Cianuro.

Preme aquí para descargar os textos

 

Os Autores
Pepe Cáccamo
Marta Dacosta
Alberte Momán
Miguel Anxo Mouriño
Carlos Negro
Elvira Riveiro