Colaboracións Literarias: “A fin dos Herminios”, de Julio Villarino Imprimir

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 25 Febreiro 2014 13:25
Sobre esta entrega dehoxe, A fin dos Herminios, dinos oautor, Julio Villarino:

"Toda a historianarrada baséase na campaña de Caio Xulio Césarcontra os Herminios, na súa segunda prefectura en Hispania. Aínda que hai moitos elementos de liberdadenarrativa, quixen ser fiel aos textos, nomes, e disposicións xeográficas dostextos romanos e da bibliografía do historiador HerminioRamos.

Algúns historiadoresmodernos poñen en dúbida a batalla nas Cíes, levándoaata uns illotes no norte de Portugal, teoría farto dubidosa, especialmente noreferente á campaña realizada por César. Coido que oenclave xeográfico (nas actuais Baiona e Illas Cíes) é máis correcto.

Quixen deixar aberto ofinal, cunha chalupa de superviventes herminiosfuxidos da batalla, para dar cabida á viaxe lendaria da que se afirma: A uns caudillos celtas fuxidos da vila de Erizana, por derrota bélica, apiadados os habitantes daría de Teucro ao velos tan semellantes a eles,guiáronos en naves ata a vila de Brigantium, dendeonde embarcaron cara a unhas illas de secreta localización, en ultramar, paraevitar "o exterminio do seu sangue". Illas que serían as Británicas,na súa versión máis clásica, ou o continente americano, segundo as versións máisarriscadas. Neste último caso... non sería realmente casual e magnífico, que deBaiona partisen, no 60 ACcara a América, uns primeiros colonos herminios, eque arribasen por primeira vez, en 1493, os mariñeiros de Pinzón coa nova dodescubrimento? Por fantástico e lendario, non me resisto a deixalo anotado, ámarxe do texto".

Felizlectura deste texto a cabalo entre a historia e a lenda.

Preme aquí para descargar o texto