Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Victoriano Taibo Fondo Documental Victoriano Taibo García
Skip to content
Fondo Documental Victoriano Taibo García PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Victoriano Taibo
Escrito por IEM   
Martes, 02 Decembro 2014 19:41
01-sinatura-convenio

O Instituto de Estudos Miñoranos vén traballando dende hai moitos anos na recuperación da figura e traxectoria do mestre e literato Victoriano Taibo García (Santiago 22/4/1885 – Vigo 13/3/1990). Mestre de Morgadáns entre 1930 e 1950 cun intervalo de catro anos nos que estivo desterrado en Villadar de los Comuneros  (Valladolid - 1938). Membro da RAG e do Instituto de Estudos Miñotos, é autor dos poemarios Abrente, Da vella roseira, Abicedo e Cabrinfollas e moitos poemas soltos entre os que destaca Lembranza da tecedeira editada en versión facsimilar polo Instituto de Estudos Miñoranos. En prosa publicou Da agra aberta: contos e lendas así como unha multitude de colaboracións en revistas galegas e americanas.

Este venres  27 de novembro ás 17:30 tivo lugar a sinatura do convenio entre a familia de Victoriano Taibo e o Instituto de Estudos Miñoranos que rexerá a custodia do fondo documental que abrangue gran cantidade de manuscritos, correspondencias con persoeiros da cultura galega, primeiras edicións das súas obras, recolleitas de vocábulos en todo o territorio, así como diversa documentación que permitirá un mellor estudo e divulgación deste persoeiro e a súa achega á cultura do país.

O fondo será conservado para o seu estudo e divulgación nun espazo permanente na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM,  onde se amosarán documentos e diversos materiais vinculados a Victoriano Taibo

Dim lights Embed Embed this video on your site