Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas Relatorio do profesor Xavier Simón na Aula de Cultura Ponte de Rosas
Skip to content
Relatorio do profesor Xavier Simón na Aula de Cultura Ponte de Rosas PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 24 Abril 2014 00:41
images

-O vindeiro venres 25 de abril ás 20:30 horas terá lugar un relatorio do profesor da Universidade de Vigo, Xavier Simón promovido polo Proxecto de custodia do territorio "Verdeval" na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
"Son ilimitados os recursos do planeta?. A resposta máis lóxica a esta pregunta é un non rotundo", sinalan dende Verdeval.Fronte a iso sinalan que "a corrente económica liberal e produtivista avoga por un crecemento económico continuo. Os obxectores do decrecemento ou a economía do decrecemento defenden un cambio radical do sistema para facelo realmente social e poder manter o medio ambiente".
Para defender estas ideas o próximo venres, día 25, ás 20.30, o profesor da UVI Xavier Simón fará un relatorio na Aula de Cultura Ponte das Rosas do Instituto de Estudios Miñoranos, actividade que promove o Proxecto de custodia do territorio "Verdeval"