Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas “Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”, nova achega histórica e xenealóxica do Val Miñor.
Skip to content
“Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”, nova achega histórica e xenealóxica do Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 05 Maio 2014 21:31
portada

Días pasados ingresou nos fondos bibliográficos do IEM o libro Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes, editado baixo o selo do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra. Nos seus máis de 370 páxinas, o autor, Rafael Rodríguez Fernández.-Broullón, percorre con detemento e mirada de experto as sete parroquias deste concello miñorano. A obra non só  afonda na orixe e evolución histórica e xenealóxica de ilustres casas tradicionais como A Touza, Cea, Torre da Lama, Pías, Cadaval-Urzáiz, Torres Brancas, Vilariño, senón que ao tempo descobre e mostra ao lector outras casas e pedras armeiras inéditas ata agora en obras precedentes.

O autor, como nos seus libros anteriores, investiga con paciencia e minuciosidade as diferentes ramas familiares de estirpes como os Troncoso, Pereira de Castro, Cea, Correa, Méndez de Sotomayor, Araújo, Cabral, etc. Máis de tres mil personaxes incluídos no índice e notas ao pé de páxina relacionados, con frecuencia, por estreitos lazos de parentesco que reflicten, unha vez máis, a endogamia existente entre a fidalguía comarcana, común, por outra banda, a outras áreas xeográficas galegas. Esta circunstancia fai que esta obra transcenda o ámbito local e convértase nun verdadeiro nobiliario e armorial do Val Miñor.

En Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes, Broullón aporta nova e documentada información evitando, de xeito deliberado -malia citalas-, a consulta doutras obras clásicas e recoñecidas do xénero, como as recorrentes Blasones e Linajes de Galicia, de frei José Crespo Pozo, e Casas y cosas del Val Miñor, de don José Espiñenta Rodríguez, importantísimas no seu momento, pero segundo o autor, debedoras, por desgraza, dunha inevitable posta ao día.

Pódese consultar o catálogo da Biblioteca do IEM en liña na web da Rede de Bibliotecas de Galicia. Preme aquí.