Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas Axenda de actividades do IEM na Semana das Letras
Skip to content
Axenda de actividades do IEM na Semana das Letras PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Domingo, 11 Maio 2014 02:02

Achegamos este adianto das actividades que terán lugar no correr desta semana a conta dunha información con maiores detalles que imos entregar de cada evento.

Mércores 14 de maio, 20 horas.

Un grupo de nais e pais da ANPA do CEIP Souto Donas organizan unha mesa informativa sobre a problemática da utilización de bandexas plásticas nos comedores escolares. A mesma constará da proxección dun documental, intervención de nais e pais do CEIP Souto-Donas e pechará o encontro unha representación dos pediatras do Val Miñor.

Xoves 15 de maio, 20:30 horas.

Presentación do libro  “A voz quebrada” de Pepe Cáccamo a cargo do autor e acompañado polo director do IEM Carlos Méixome. Editado polo IEM, a obra forma parte da colección Letras da Groba.

Domingo 18 de maio, 19:30 horas Día das Letra Galegas

Espectáculo poético-musical: “Adiante con Díaz Castro” no Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío”.  Actuación de Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro con concerto titulado "Un paso (sempre) adiante", con poemas musicados (de Díaz Castro e outros), complementado cun recital a cargo de persoas relacionadas co mundo da cultura e con Gondomar. Conduce: Marta Dacosta

Xoves 22 de maio, 20:30 horas.

Inauguración da mostra do artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Como sempre esperamos que a programación sexa do voso interese e contar coa vosa presenza nos mesmos. Vémonos.