Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro agradece a asistencia á V Andaina.
Skip to content
A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro agradece a asistencia á V Andaina. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 12 Maio 2014 17:49
10270303_808955065784476_5239942840978147884_n

A Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro celebrou onte a súa V Andaina, pedindo nesta edición a protección para a serra en forma de Parque Natural.
A cidadanía respondeu forte a esta chamada xa que entre 2000 e 2300 persoas secundaron a convocatoria. E o seu entusiasmo pola causa demostrouse tamén no interese en adquirir as camisetas e o material propagandístico da mesma co que sustenta economicamente.
A demanda que a extensa poboación desta bisbarra fai de Galiñeiro como lugar propio fíxose patente unha vez máis; pero tamén acudiron á cita xentes de outras partes do país. O bo tempo permitiu o goce da paisaxe, da beleza dos cumios, do bosque caducifolio e de outras paraxes, á vez que se volveu reivindicar protección para esta serra.
Grazas, por suposto, á directiva da festa e ao centro cultural de Erville que colaboraron durante todo o día, dende as gaitas que amenizaron a saída e chegada da marcha, ata a cantina que serviu comida e bebida toda a xornada e facilitou a infraestrutura para que todo saíse como era de esperar. Grazas ao concello de Gondomar que nos emprestou o palco e nolo trasladou ata o lugar. E moi especialmente a todas as persoas e entidades que axudan nesta loita, ás que colocaron os centos de cartaces, ás que difunden o evento, ás que ano tras ano fan a andaina, ás que nos animan a quen estamos na organización.
A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro sigue pedindo colaboración, sabendo que o traballo de calquera tipo sempre é necesario e oportuno.
Serra de Galiñeiro PARQUE NATURAL!