A obra de Fernando Casás presente en tres mostras simultáneas. Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 19 Maio 2014 21:41
fernando_casas

A obra do miñorano Fernando Casás (Gondomar , 1946) percorre o mundo dende hai case medio século. Considerado un dos iniciadores do movemento Arte e Natureza, viviu e traballou entre o Brasil e Galicia. A súa obra de marcado carácter conceptual agora poderá ser visitada en tres mostras localizadas en tres cidades distintas da península: Huesca, Pontevedra e Vigo. Nese orden ábrense ao público as mostras “Arte e Natureza”, “En plenas facultades” e “Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento”.

Alberto Carneiro & Fernando Casás: Arte e Natureza

Inaugurada o pasado día 16 de maio a mostra atópase na Sala de Exposición da Deputación de Huesca. A mesma forma parte dun programa conmemorativo do 20ª aniversario do Proxecto  Huesca: Arte e Natureza. que consta dunha colección – itinerario das obras localizadas en diferentes espazo naturais desa provincia. As mesmas son autoría de artistas de renome internacional como Siah Armajani, Alberto Carneiro, Fernando Casás, Per Kirkeby, Richard Long, David Nash ou Ulrich Rückriem.

A exposición pretende revelar algúns dos monumentos claves da traxectoria de Carneiro e Casás, cunha mirada sobre os seus traballos máis intensos e íntimos desde 1960 ata de agora.

Permanecerá aberta ao público de luns a venres de 18 a 21 horas. Sábados e domingos de 12 a 14h e de 18 a 21h, ata o vindeiro 27 de xullo.

En plenas facultades.

Esta mostra será inaugurada o día 23 de maio ás  20 horas no Museo de Pontevedra (6º edificio, Rúa Pe. Amoedo Carballo s/n)

A exposición está  comisariada por Alberto González-Alegre e Angel Cerviño. Conta entre os expositores ,  con Fernando Casás.  A mostra pretende dar testemuño da obra dos artistas docentes da Facultade de Bellas Artes da Universidade de Vigo, ao mesmo tempo evidenciar o seu labor na apertura de novas linguaxes da arte.

En plenas facultades estará aberta ao público de martes a sábado de 10 a 21h. Domingos e festivos de 11 a 14.00h. Ata o 29 de xuño.

Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento.

Será inaugurada o vindeiro día 6 de xuño  ás 20h no MARCO  (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo, rúa Príncipe, 54.

Neste caso, será Alberto Ruíz de Samaniego o comisario da mostra. A exposición pretende amosar os vínculos entre arte e ciencia. Nese senso recolle  os traballos sobre “fosforescencias” e  “ o paso do tempo reflectido nos materias” saídos do taller gondomareño de Fernando Casás.

A mostra estará aberta ao público os de martes a sábados e festivos de 11 a 14.30 e de 17 a 21.00h. Domingos de 11 a 14.30h. Ata o vindeiro do 12 de outubro.