Estrea da curta documental AUGA, TERRA, AIRE… (A BOLSA) de Pablo Casal. Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 21 Maio 2014 00:21
docu-pablo

O vindeiro venres 23 de maio ás 20:30 horas terá lugar a estrea da curta documental AUGA, TERRA, AIRE… (A BOLSA), dirixida por Pablo Casal e realizada por Ollomol Audiovisual. O acto contará coa presenza de Pablo Banga (fotografía e edición) e Pablo Casal (guión e dirección) e será presentado por Pedro Telmo Rodríguez, publicista e director do xornal Valminor.info.

A curta trata da perdurabilidade dos obxectos que nos rodean. E unha crítica a sociedade de consumo, ao “só un uso” de moitos dos  materiais que se desbotan á primeira de cambio. A protagonista é unha bolsa de plástico azul típica dos pequenos establecementos de comestibles. Durante os, aproximadamente,  13 minutos que dura este traballo, desprazarase polos tres elementos (terra, auga e aire) e protagonizará diferentes situacións (cotiás e non tanto) que esperamos cheguen a ter a repercusión que perseguimos.

O Director

Pablo Casal Núñez é licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña. Senderista e corredor de montaña, leva percorrendo dende hai máis de trinta anos diferentes espazos naturais. Colaborador dende o 2003 na organización das carreiras de orientación organizadas pola Universidade de Vigo e no Lago  Castiñeiras; así como no “Proxecto Ríos” para os ríos do Miñor, nomeadamente no ámbito do río Zamáns. Membro do Instituto de Estudos Miñaros.

Ten publicado: Educación Física ESO (Bahía Edicións, 1999), Educación Física (Proxecto curricular, ESO-Bacharelato, 1999), o Plano “Rutas Urbanas Saudables” (Concello de Vigo, 2010); Unidade Didáctica da Serra do Galiñeiro (IEM, 2013), así como diversas colaboracións en publicacións especializadas.

Descargar a sinopse do filme.