Presentación: “O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte”, coa presenza dos autores. Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 26 Maio 2014 21:07
_visd_0001JPG06T8P

O vindeiro venres 30 de maio ás 20:30 horas contaremos coa presenza de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos, autores da novela ilustrada O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte (Xerais, 2014). A presentación terá lugar nun marco especial pois desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde se atopa a mostra “CINZAS”, do artista Ramón Trigo, ilustrador desta obra literaria dos irmáns Pérez Pintos.

Sinopse da novela

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades –chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas…–, xerme dos museos actuais.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos …, pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán. Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.

Dim lights Embed Embed this video on your site