Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.
Skip to content
Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 19 Agosto 2014 20:22
pazo-do-conde

O vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.
ESCENARIOS MUSICAIS é unha iniciativa cultural enfocada á divulgación da Música Clásica facendo que esta soe e se explique fóra das grandes salas de concerto ou dos teatros da ópera. Á súa vez, pretende levar a música a escenarios onde, pola súa importancia histórica, artística ou simplemente lúdica, consigan que ao pracer de escoitala se una o deleite e a emoción que os devanditos espazos provocan.
Preme aquí para descargar o programa de man