Xeira arqueolóxica nocturna en Amoedo: Lenda e Pedra coa guía de Xosé Lois Vilar Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 04 Setembro 2014 19:52
10516764_755663494481092_5049668574994014135_n

A fregresía de San Sadurniño de Amoedo (Pazos de Borbén), agocha un conxunto arqueolóxico integrado por 22 mámoas e próximo a 60 petróglifos, a maioría deles representativos da arte rupestre abstracta. O vindeiro venres 5 de setembro, a Comunidade de Montes de Amoedo organizará unha xeira divulgativa deste patrimonio co título "Amoedo. Lenda en Pedra", coa colaboración do IEM. O punto de encontro será ás 21 horas na Casa Cultural de Amoedo. A guía arqueolóxica estará a cargo de Xosé Lois Vilar e contará cunha observación do ceo nocturno a cargo do astrónomo Julio Pereira, da Agrupación Astronómica Rías Baixas.
A actividade enmárcase nun proxecto de posta en valor patrimonial do monte que está a desenvolver esta veciñanza que entre outras iniciativas, prevé a estruturación dunha ruta arqueolóxica e etnográfica.