Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Axenda de actividades do IEM na Semana das Letras PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Domingo, 11 Maio 2014 02:02

Achegamos este adianto das actividades que terán lugar no correr desta semana a conta dunha información con maiores detalles que imos entregar de cada evento.

Ler máis...
 
Cambio de periodicidade das nosas Colaboracións Literarias. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 05 Maio 2014 22:30
Despois de máis dun ano de saídas semanais ininterrompidas, a falta dun número suficiente de traballos recibidos obríganos a revisar a periodicidade que nos propuxemos cando iniciamos esta sección. Abandonamos o compromiso de publicar unha colaboración cada semana pero continuaremos pedindo a participación de todos para divulgar anacos de literatura cada vez que sexa posible, a medida que os vaiamos recibindo. Eliminamos, pois, o corpiño de calquera periodicidade pero continuamos adiante coa ilusión de fornecer os nosos lectores de novas e interesantes Colaboracións Literarias.
Ler máis...
 
“Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”, nova achega histórica e xenealóxica do Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 05 Maio 2014 21:31

portada

Días pasados ingresou nos fondos bibliográficos do IEM o libro Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes, editado baixo o selo do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra. Nos seus máis de 370 páxinas, o autor, Rafael Rodríguez Fernández.-Broullón, percorre con detemento e mirada de experto as sete parroquias deste concello miñorano. A obra non só  afonda na orixe e evolución histórica e xenealóxica de ilustres casas tradicionais como A Touza, Cea, Torre da Lama, Pías, Cadaval-Urzáiz, Torres Brancas, Vilariño, senón que ao tempo descobre e mostra ao lector outras casas e pedras armeiras inéditas ata agora en obras precedentes.

Ler máis...
 
Relatorio do profesor Xavier Simón na Aula de Cultura Ponte de Rosas PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 24 Abril 2014 00:41
images
-O vindeiro venres 25 de abril ás 20:30 horas terá lugar un relatorio do profesor da Universidade de Vigo, Xavier Simón promovido polo Proxecto de custodia do territorio "Verdeval" na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Ler máis...
 
O xornalista miñorano, David Reinero, recibe o premio Xosé Aurelio Carracedo con “Angrois: o AVE en anacos” PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 23 Abril 2014 19:55

52f8a831b5cf7-reineroportada

Temos o grato pracer de informar que o xornalista David Reinero, membro e habitual colaborador do IEM acaba de recibir  o premio xornalístico “Xosé Aurelio Carracedo” 2014 que outorga anualmente a Deputación de Ourense, polo seu recente libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública).

O traballo premiado, titulado Angrois. O AVE en anacos, editado por Praza Pública, recolle o labor xornalístico realizado polo autor sobre o accidente ferroviario de Angrois na edición galega de El País. O xornalista David Reinero (Nigrán, 1979) está especializado en política e infraestruturas. Traballa para o diario El País logo de pasar por Xornal de Galicia, o Departamento de Comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e por Atlántico Diario. Ten colaborado con outros medios de comunicación así como co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 69