Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Presentación do libro homenaxe a Javier Alonso Salgueiro e descubrimento de placa conmemorativa. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 03 Outubro 2014 21:23

panel-mozodabandeira-v2

No marco da homenaxe veciñal organizada na parroquia de Chaín á memoria do seu veciño Javier Alonso Salguerio, este domingo 5 de outubro ás 12 horas terá lugar a presentación do libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira.(IEM,2014) e o descubrimento dunha placa conmemorativa. O acto contará coa presenza de familiares e amigos e contará coas intervencións de Javier Alonso Carrera (fillo de Javier), Carlos Méixome Quinteiro (director do IEM), Purificación Martínez (comisión organizadora) e Fernando Guitián Guitián, alcalde de Gondomar.

Ler máis...
 
Presentación do libro “Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios”, de Camiño Noia. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 01 Outubro 2014 22:11

Trinta-poemas-cunqueiro

O vindeiro venres 3 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a presentación de Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios (Centro PEN-Galicia, 2014). Unha revisión crítica da poesía  da madurez do escritor de Mondoñedo na que a profesora Noia propón unha interpretación sobre a íntima relación do autor coa súa obra. O acto contará coa presenza da autora do libro, Camiño Noia Campos e César Cunqueiro, fillo do poeta, quen serán presentados por Miguel Anxo Mouriño.

Ler máis...
 
O pase do filme “O segredo da Frouxeira” abre o ciclo Cine e Memoria II na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 29 Setembro 2014 23:18

Poster_O_Segredo_da_Frouxei

O vindeiro mércores 1 de outubro  ás 20:30 horas dará inicio o Ciclo “Cine e Memoria II” organizado polo IEM no marco especial do mes  onde se lembra o asasinato dos nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista coñecido como A Volta dos Nove. O segredo da Frouxeira (2009) de Xosé Abad será o primeiro pase do ciclo que contará cunha presentación a cargo do mestre José Antonio Viñas Arias, e a asistencia de dous protagonistas do documental, Paulino Gasalla e Julia Porto que chegarán dende O Ferrol. O evento terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar.

Ler máis...
 
O artista plástico Vicente Prego presenta a mostra “Calendoscopio” na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 24 Setembro 2014 19:57

web-torre

Vicente Prego (A Coruña, 1957) presentará “Calendoscopio”, unha mostra plástica que abrangue unha selecta escolma da súa obra. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e graduado na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a súa traxectoria artística estivo ligada nos seus comezos á Galería Trinta de Santiago. Na actualidade os seus traballos atópanse nas coleccións de importantes institucións e museos galegos. A inauguración terá lugar este venres 26 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de novembro e poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas.

Ler máis...
 
Homenaxe veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 23 Setembro 2014 18:36

alonso_salgueiro

“Sito”, “O Roxo de Regodagua”, ”O Rubio de Barreras”, “O Mozo da Bandeira”, calquera destes alcumes en refiren á mesma persoa, Javier Alonso Salgueiro, Fillo predilecto de Gondomar. Sindicalista e militante político, foi destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Impulsor do asociacionismo na súa parroquia e loitador social infatigable quere a súa memoria ser lembrada polos veciños da parroquia de Chaín (Gondomar) no 25 cabodano do seu tráxico falecemento. Do sábado 27 de setembro ao domingo 5 de outubro o Centro Cultural de Chaín albergará unha exposición - homenaxe, durante a cal desenvolveranse diversas actividades culturais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 69