Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
A arquitectura de Xosé Bar Bóo en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por Antonio Soliño - Rosa Mouriño   
Xoves, 11 Setembro 2014 20:35

bar_boo

Xosé Bar Bóo nace en Vigo o 25 de setembro de 1922. Comezou dende moi novo a paixón polo deseño, debuxando o mobiliario da casa de seus país na rúa Hernán Cortés así como a organización interior da vivenda, proxectada polo arquitecto vigués Francisco Castro Represas. Estudou bacharelato no Colexio Irmáns Maristas do Pilar de Vigo. Nos anos corenta trasládase a Madrid onde cursa os estudos na Escola Superior de Arquitectura e obtén o título no ano 1957. Continúa a súa formación e acada o título de doutor o 5 de novembro de 1964 na mesma Escola.

Ler máis...
 
Xeira arqueolóxica nocturna en Amoedo: Lenda e Pedra coa guía de Xosé Lois Vilar PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 04 Setembro 2014 19:52
10516764_755663494481092_5049668574994014135_n
A fregresía de San Sadurniño de Amoedo (Pazos de Borbén), agocha un conxunto arqueolóxico integrado por 22 mámoas e próximo a 60 petróglifos, a maioría deles representativos da arte rupestre abstracta. O vindeiro venres 5 de setembro, a Comunidade de Montes de Amoedo organizará unha xeira divulgativa deste patrimonio co título "Amoedo. Lenda en Pedra", coa colaboración do IEM. O punto de encontro será ás 21 horas na Casa Cultural de Amoedo. A guía arqueolóxica estará a cargo de Xosé Lois Vilar e contará cunha observación do ceo nocturno a cargo do astrónomo Julio Pereira, da Agrupación Astronómica Rías Baixas.
Ler máis...
 
Presentación do libro “A causa do crime” co presenza de Alfredo López, “Tokio”. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 29 Agosto 2014 22:32

cartel_tokio

O vindeiro venres 5 de agosto terá lugar a presentación da novela debuxada A causa do crime (Demo Editorial, 2014), nova obra do noso compañeiro Alfredo López “Tokio”, a poucos días de saída do prelo.  Falaremos da obra e a súa historia, ademais dunha sesión de sinaturas do autor ao final do encontro. O acto será presentado polo tamén debuxante, Evaristo Pereira, e dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº 10, baixo, Gondomar.

Ler máis...
 
Ábrese inscricións para un curso de fotografía e edición dixital con Pilar Abades e Vítor Vaqueiro PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 26 Agosto 2014 23:06

curso_foto_iem

O Instituto de Estudos Miñoranos organiza un curso de fotografía e revelado dixital con Photoshop que será impartido por dous expertos na materia, os fotógrafos Pilar Abades e Vítor Vaqueiro. O mesmo terá lugar os días 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en sesións de 2 horas que darán comezo ás 19:30h. Esta actividade formativa ten un máximo de 15 prazas que serán ocupadas por rigorosa orde de inscrición. Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 986 360 575 (luns a venres de 18 a 22 h) ou a través do correo oficina@ minhor.org . O prezo total da matrícula do curso será de 20 euros. Para asistir a estas aulas débese contar con cámara dixital e ordenador en clase.

Ler máis...
 
A música conquista os intramuros do Pazo do Conde de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Venres, 22 Agosto 2014 01:06

audicion-paso-conde-gondoma

O cisne de Camille Saint-Saëns puido verse na fonte central do patio de armas. E Praga estaba alí, ao final dunha ruta que dende esa fonte abriuse camiño cara o Moldava que inspirou a Bedrich Semetana no seu Má Vlast. Todo iso e moito máis ocorreu no interior dos pétreos muros do Pazo do Conde de Gondomar grazas á capacidade comunicativa de Manuel López- Benito para contaxiar a súa exquisita sensibilidade musical ao auditorio. O musicólogo abriu a audición coa abertura do Barbeiro de Sevilla (Giocchino Rossi, 1792-1868) acompañado dunhas duascentas almas que aceptaron o convite conxunto feito polo IEM e Escenarios Musicais  para gozar da velada nos xardíns da senlleira casa da familia herdeira de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 69