Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Vídeo completo do faladoiro “Palestina: a terra das laranxas tristes”, de Moncho Iglesias Míguez. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Xoves, 21 Agosto 2014 23:47

palestina-faladoiro

A vida en Palestina máis alá da violencia, da pobreza, dos foguetes nas rúas ... existe. Aínda que acotío os relatos en imaxes, escritos e sons a ocultan ou restrinxen a cadáveres, orfos , viúvas e viúvos. A visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas do profesor da Universidade An‐Najah (Nablus-Palestina) Moncho Iglesias Míguez, permitiu a un centenar de veciños achegarse de primeira man a ese mundo descoñecido para a maioría de nós.

Ler máis...
 
“A voz quebrada” preséntase no CS O Fuscallo de A Guarda este venres ás 20 horas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 21 Agosto 2014 13:38

portada-a-voz-quebrada

Este venres 22 de agosto ás 20:00 horas presentarase o libro A voz quebrada. Da Memoria histórica e o terror fascista, No Centro Social O Fuscalho de A Guarda (Paseo Marítimo a carón do dique).  A obra editada dentro da colección Letras da Groba polo Instituto de Estudos Miñoranos, será presentada polo seu autor, Xosé María Álvarez Cáccamo.

Ler máis...
 
Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 19 Agosto 2014 20:22
pazo-do-conde
O vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Íntimo” de Paco Álvarez de Senra. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 18 Agosto 2014 22:42
Temos o pracer de compartir unha nova achega das Colaboracións Literarias do IEM. Nesta ocasión o poema Íntimo, autoría de Paco Álvarez de Senra.
Preme aquí para descargar o texto
 
Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 12 Agosto 2014 21:04

barco-baiona-2

Abrimos inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 69