Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
“Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Luns, 11 Agosto 2014 22:44

moncho_iglesias

O vindeiro xoves 14 de agosto ás 20:30 horas contaremos coa presenza de Moncho Iglesias Míguez,  profesor da Universidade An‐Najah, en Nablus, Palestina, territorio ao que nestes intres non lle está permitido regresar por mor da ocupación israelí.  Na súa visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas, desenvolverá un faladoiro baixo o título “Palestina: a terra das laranxas tristes”, baseada na súa experiencia e convivencia co pobo palestino. Achegamos un fragmento dunha conversa previa, onde Moncho Iglesias adiántanos algúns aspectos do faladoiro  e diálogo que manterá cos asistentes ao coloquio.

Ler máis...
 
Miñor dos Sobranceiros: Frei Manuel Mª Martínez O.P. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Venres, 08 Agosto 2014 18:57

capa_gran_calumniado

Segundo consta na “Acta de Nacimiento”, ás once da mañá do día catro de xaneiro de 1892 comparece no Rexistro Civil de Baiona Xosé Martínez, sen segundo, natural da vila, de trinta e sete anos, casado, mariñeiro, domiciliado na rúa Ventura Misa número 55, para inscribir un neno que naceu na súa casa o día dous, ás nove da noite. O neno é fillo lexitimo seu e da súa dona Xosefa González, sen segundo, tamén da vila, de trinta e catro anos. E vén sendo neto de Soledad Martínez e Vicenta González, tamén veciñas da vila, e avós descoñecidos. Pónselle de nome Manuel Silvestre José. Acompañan o pai tres mariñeiros coma el, tamén da vila, dous como testemuñas e os outros para firmar por non saber el.

Ler máis...
 
Pasamento de Anunciación Valverde PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 01 Agosto 2014 20:53
lazo-negro
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento de Anunciación Valverde, socia do IEM, nai do noso querido compañeiro Pepe Pintado e irmá de Antonio e Isabel Valverde socios desta casa.
 
O Foxo Pedriño: Historias e restos arqueolóxicos da caza do lobo na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por Xilberte Manso de la Torre   
Mércores, 30 Xullo 2014 12:01
caza_lobo
Todo o país está cheo de foxos e cortellos para cazar o lobo. A magnitude das obras que hoxe podemos aínda observar, na maioría dos casos, en moi mal estado de conservación, ofrécenos unha información da salientable importancia que tiña a acción do lobo sobre a cabana gandeira. A falla de armas de fogo, a astucia e as lendas, unhas veces baseadas en feitos reais e outras inventadas, fixeron do lobo un inimigo a bater utilizando trampas e enxeños dun gran custo construtivo pero dunha grande utilidade e efectividade. O lobo era cazado e tratado como un fuxido capturado, e expoñíase nun lugar público onde a xente ía velo e deixaba donativos cos que se axudaba a aqueles veciños que tiveran máis perdas polas andanzas do mítico animal. Cóntannos que polo último lobo o presidente da sociedade de caza, alleo á batida que fora organizada polos propios veciños afectados e non polos cazadores, fora multado polas autoridades por matar o lobo e expoñelo como "trofeo". Ou non sabían ou non quixeron saber que o lobo sempre foi algo máis que un trofeo para as nosas xentes cando era abatido. Aínda sabendo da prohibición de matar os lobos, e ante as perdas sufridas polos veciños nos seus rabaños, a xente acudiu á tradición e fixo o que sempre se acordaba, montar o cordón e darlle caza. Din as xentes da Groba que os lobos eran cazados nos últimos tempos, e baixábanse a Baiona, Gondomar ou Nigrán enriba dos capós dos coches para que a xente os vise. Nos documentos antigos lemos que o lobo era cazado organizando unha montería. O monteiro maior do rei chamaba a montería e ordenaba cando e cantos homes tiñan que asistir por parte de cada aldea ou lugar. Montábase o cordón e íase levando o lobo cara ao foxo onde caía. Alí era axustizado con pedras, forcas e ferros ou feito prisioneiro e levado ata a praza da aldea onde se xulgaba e condenaba como se fose un reo.
Entre a pedra granítica dos cumes do Campuchán e A Cruz da Calzada pasa a linde leste do Foxo Pedriño, facendo un ángulo duns 100º antes de seguir cara ao sur apuntando para o Castelo de Dona Urraca, O Lousado e A Madanela. 890 metros medidos e visibles dunha parede que moi probablemente tiña uns 200 máis. Cara ao norte, nalgúns lugares parece haber indicios de que así foi, mais non o podemos afirmar. Conserva esteos fincados no chan de 1,60 m de altura e laxes e outeiros colocados de xeito que nalgúns tramos se adiviña a magnitude da obra cun ancho de entre 70 e 100 cm. Parede dobre nalgúns tramos, con cachote asentado en seco, aproveitando as penedías e laxes abondosas do lugar pero, característica salientable, moi grandes e pesadas na maioría dos casos. Vense de pé laxes dunha grande envergadura que se as vísemos illadas parecerían vellas e antigas pedras fitas ou menhires do megalítico. É certo que o material estaba a carón da estrutura que se montou, mais pólas de pé, fincadas no chan, non debeu ser doado nin traballo de poucos homes.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Xa non queda nada”, de Eva Rodríguez Ferreiros PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 29 Xullo 2014 21:20
Compartimos o poema Xa non queda nada, de Eva Rodríguez Ferreiros, nesta nova achega das Colaboracións Literarias. Preme aquí para descargar o texto.
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 69