Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Oia. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 29 Xullo 2014 20:06
costa_oia
A vindeira Xeira do IEM será unha visita en barco pola ruta Baiona - Oia, que terá lugar o próximo mércores 6 de agosto. Partirase do Porto de Baiona ás 21:15 debendo presentarse os viaxeiros a partir das 20:30 horas. A costa baionesa, o faro do Silleiro e principalmente o Mosteiro de Oia centrarán a guía que desenvolverá o arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detállase a continuación:
Ler máis...
 
Mércores 30 de xullo: “Noite de Estrelas e Lobos” na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 24 Xullo 2014 22:42

estrelas-lobosx250

Continúan as Xeiras 2014 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
Visitaremos un vello foxo de lobos (O Foxo Pedriño) e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa Serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que Julio Pereira Neiva, membro da Agrupación  Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos ilustre sobre o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).

Ler máis...
 
Acaba de saír do prelo o libro "Poemas da Mariña" do noso compañeiro o escritor Miguel Anxo Mouriño. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 15 Xullo 2014 00:37

4701-131258-a-Capa

A obra está dedicada  ás vivencias previas e posteriores ao nacemento da súa neta. Dadas as dificultades que atopou para editalo baixo un selo editorial, decidiu facelo como libro de autor. O mesmo pode ser adquirido na sede do IEM, na libraría Libraida de Gondomar ou na libraría Seijas de Pontevedra.  Tamén con motivo do lanzamento da obra, Miguel creou un blog co xeito de achegar información e dialogar cos lectores sobre os textos.

Ler máis...
 
O vindeiro 20 de xullo terá lugar a Homenaxe ás Vítimas do Franquismo na illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 12 Xullo 2014 00:27

placa-vitimas-franquismo

- Os interesados en participar deben reservar praza no correo do IEM a través do teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

Como todos os anos chega a data que temos por costume levar a cabo un acto conxunto das asociacións galegas integradas á Iniciativa Galega pola Memoria Histórica en San Simón, isto é, o domingo máis próximo ao 18 de xullo. Neste caso cadra o 20. Este ano o Día do Homenaxe ás Vítimas do Franquismo estará dedicado á viaxe a Galicia que o Relator especial da ONU para a Verdade, a Xustiza, a Reparación e as Garantías de Non Repetición, que tivera lugar por parte do Sr. Pablo de Greiff  no pasado mes de xaneiro.

Ler máis...
 
Xeira do IEM por Mañufe: das Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 11 Xullo 2014 19:17
m_manufe_pazo_mendoza_3
Este xoves 17 de xullo terá lugar unha ruta dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes, no marco das Xeiras do IEM. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas. Coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome, coñeceremos antigos camiños, construcións senlleiras civís e relixiosas localizadas na parroquia de Mañufe, aínda tamén na veciña Vilariño en territorio de Nigrán. Para participar só é necesario estar no punto de encontro sinalado ás 17:30 horas, sen inscrición previa.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 69