Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Emisión en directo da Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona: unha primeira experiencia. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 10 Xullo 2014 20:21

Xeira Marítima do IEM 2014Foi a primeira vez, e como tal aparellaba un cúmulo de desafíos a enfrontar, técnicos e humanos ao longo do percorrido. O equipo dirixido polo noso compañeiro Pedro Telmo de K12 Comunicación, instalou cámara e micros. Trasladáronse polo barco na procura das mellores vistas que xunto cos relatos do noso guía Xosé Lois Vilar, comezaron a chegar a un centenar de persoas espalladas polo mundo. No mesmo intre, co sabor do "vivo".

A medida que os usos horarios en América e o mundial de futbol deron trégua, o total de visualizacións do día rematou con 300 espectadores conectados dende España, Bélxica, Arxentina, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suiza, Alemania, Andorra, Irlanda, Turquía e Estados Unidos. A día de onte, xa baixo demanda, o marcador situábase en 625 espectadores en total.

 

Ler máis...
 
Inscricións abertas para a Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 03 Xullo 2014 11:17

barco-baiona

A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ó mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo. Partiremos do Porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe falaremos da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Falaremos de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.  Contaremos coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

Ler máis...
 
Estamos a preparar a primeira Xeira do Verán dende a Cruz de Pau ata o Chan do Cereixo, na Groba. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 28 Xuño 2014 00:22

250_xeira

Esta xeira pola Serra da Groba consiste nun paseo por vellos camiños de arrieiros, de xente que ía ao monte á procura dos materiais que precisaba para vivir, xa fosen laxes e pedra, estrume, leña ou tralo gando que ceibe apacentaba nas penichairas da Calzada e As Chans , ou nos cumes do Corno Ladredo, As  Teixugueiras,  ou O Campuchán. Camiños de contrabando e trasfego de xentes que viñan dende as augas do Miño ate o punto de saída desta xeira, A Cruz de Pau, lugar de encontro e de xuntanza para tomar acordos . Pasaremos por catro concellos e seis parroquias  e decatarémonos  do singular da nosa terra, que nomea cada recanto e volta da paisaxe,  por necesidade  para localizar e caracterizar o territorio, e tamén , diríamos que poeticamente,  para homenaxear a súa vizosa exuberancia e gratificante riqueza natural. 

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “correr do tempo”, de Paco De Senra PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Xuño 2014 18:50
Compartimos o poema correr do tempo, de Paco De Senra, nesta nova achega das Colaboracións Literarias. Preme aquí para descargar o texto.
 
Ponte nas ondas: Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo co alumando do CEIP Porto Cabeiro (Redondela) PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 16 Xuño 2014 23:03

DSC01738_Large

O mestre Sergio Meis achéganos unha entrevista ao arqueólogo Xosé Lois Vilar feita polo alumnado  do CEIP Porto Cabeiro de Redondela. Este ano, o colexio está a desenvolver  un proxecto chamado "As pegadas do home na historia" que afonda na historia da humanidade, épocas, logros, descubrimentos, o patrimonio material e inmaterial, etc.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 69