Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Novas
Skip to content
Novas
Miñor dos Sobranceiros: “Os benfeitores: Manuel Lemos e Manuel Losada” PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por Rosa Pascual Abal   
Luns, 16 Xuño 2014 22:28

lemos-losada

Resumo: 

Un grupo de miñoráns emigrantes na Arxentina, de mentalidade liberal e democrática, preocupados pola rexeneración económica e social da súa comarca de orixe, crearon a partir de 1905 a UHA pro Valle Miñor, co obxectivo  de crear unha escola que lles proporcionase ás novas xeracións unha educación necesaria tanto para aproveitar as oportunidades da emigración como para o seu propio progreso.

Polo seu papel nesta obra e na comarca achegámonos a dous benfeitores de personalidades e ideas ben diferentes. M. Lemos, líder indiscutible da UHA, que ademais da escola abordará na comarca outros proxectos entre os que destaca o de converter o areal de Lourido nunha área de veraneo para as clases altas, e M. Losada,  que xogará un papel protagonista nos medios empresariais vigueses entre 1916 e 1922, desenvolvendo tamén un gran labor na Sociedade e ba súa vila de Gondomar.

Ler máis...
 
Mendez Ferrín presentará en Gondomar a obra “Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio”. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 12 Xuño 2014 19:09

ceibes_obra

Este venres 13 ás 21 horas, Xosé Luís Méndez Ferrín presentará  Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio,  na libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13).  A obra está composta por un conto, un libro e máis un DVD onde se recollen os froitos dun traballo que dende 2003 se desenvolve nas aulas do IES Terra de Turonio cara aos garranos que habitan as serras do Val Miñor. Entre outros fornecen a obra, Santi Veloso, Alfredo López (Tokio), Andrés Meixide,  Eva Moreda, Gonzalo Moure e Méndez Ferrín.

Ler máis...
 
Presentación do libro “A voz quebrada, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo” en Vilaboa. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 09 Xuño 2014 22:06

portada-a-voz-quebrada

O agarimo con que se está a recibir cada presentación do libro de Xosé Mª Álvarez Cáccamo logra acender novos fachos noutras vilas e cidades. Tras a súa presentación no Val Miñor, Tui e Pontevedra, agora a Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) acollerá outra velada para falar co autor e coñecer de primeira man o feixe de historias duras, pero nosas, acubilladas nas páxinas de A voz quebrada. Da memoria histórica e o terror fascista. Será este venres 13 de xuño, ás 21 horas e ademais do autor contarase coa presenza de Luis G. Bará e o mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño (IEM).  O acto está organizado polas asociacións A Regaduxa, Memoria Histórica de Vilaboa e Vilaboa Comunicacións.

Ler máis...
 
As orixes da mostra CINZAS de Ramón Trigo na TVG PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 06 Xuño 2014 21:51
cinzas3
Aínda que a nota feita pola TVG céntrase no acto vandálico que provocou a perda da maioría da obra que Ramón Trigo preparaba para expoñer na Aula de Cultura Ponte de Rosas, achegamos o vídeo da mesma, en certa medida ilustrativo das orixes de CINZAS. Exposición que pode visitarse de luns a venres de 19 a 22 horas na sede do IEM
Ler máis...
 
O modelo de xestión patrimonial do IEM presentarase nos cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 06 Xuño 2014 20:28

dixitalizacion-vincios

Presentamos o programa do Curso de Extensión 14 organizado pola Universidade de Vigo Campus de Ourense. Baixo o título “Valoras o teu patrimonio? Modelos de xestión no N.O peninsular a partir do exemplo limiao” terá lugar do 11 ao 14 de xuño de xeito itinerante na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, no Centro de interpretación Vía Nova en Bande, e no salón de actos da Facultade de Historia. A experiencia da xestión patrimonial do IEM será exposta polo arqueólogo Xosé Lois Vilar nunha intervención que terá lugar o venres 13 de xuño ás 11:45 horas .

Para descargar o programa preme aquí.

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 18 de 69