Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
O xornalista Iago Martínez e o cineasta Alexandre Cancelo falan de Lois Pereiro e da súa obra PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Xoves, 05 Maio 2011 21:42

lois

O próximo martes 10 de maio, as 20h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" sede do IEM, o xornalista Iago Martínez, que entre outras redaccións traballou na de O Miñor con Nano Cambeiro e na actualidade é xefe de Cultura de Xornal de Galicia, presentará o seu libro Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais) e o guionista e director Alexandre Cancelo falará do documental Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro que escribiu e dirixiu xunto a Iago Martínez.

Ler máis...
 
Presentación do poemario As portas ausentes do artista baionés Caino. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 25 Abril 2011 22:05

"caino-cartel

Has albiscar, amigo lector, ao rematar este limiar, a vibrante e aflixida voz do artista baionés Caíno Vasconcellos", así comeza a presentación que o mozo poeta Anxo Ratel fai de As portas ausentes, o primeiro poemario de Caino. Ao longo de 127 páxinas, os versos e debuxos de Caino crean un universo onde a exquisita sensibilidade que o autor nos ten acostumados atopar na súa pintura, agora se amosa na obra poética.As portas ausentes, vaia presentarse o próximo xoves 28 de abril ás 20:30 horas na Capitanía Marítiama de Baiona (Elduayen, 20). O poemario está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Letras da Groba. No acto intervirán ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o poeta Anxo Ratel ademais de varios veciños e veciñas de Baiona que recitan textos do libro de Caino Vasconcellos.

Ler máis...
 
O Concello de Gondomar convoca a unha nova edición do Certame Literario Conde de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Sábado, 09 Abril 2011 11:23
O Concello de Gondomar convoca a unha nova edición do Certame Literario Conde de Gondomar, dirixido a mozos e mozas do Val Miñor, que conta coa asesoría do Instituto de Estudos Miñoranos. Agradecemos a toda axuda encamiñada a animar a participación para tratar de recuperar esta actividade que tanto pode supor para a promoción da cultura galega e da cultura xuvenil. Achegamos as bases do concurso.
 
Presentación PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Xullo 2010 21:05
Presentación
 
Venres 25 de xuño. Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Venres, 11 Xuño 2010 12:23

as_colareiras_do_groveVenres 25 de xuño
Ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)
Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato García
Interveñen: os autores, Miguel Muñiz (director da Editorial todogrove) e Serafín e Enrique Lorenzo propietario de Nacamar de Sabarís

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 15