Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: vixilia ou soños da terra “a liberdade pechada”, de Paco Álvarez de Senra. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 22 Xuño 2015 20:11
Temos o pracer de compartir unha nova achega das Colaboracións Literarias do IEM. Nesta ocasión trátase dun relato, autoría de Paco Álvarez de Senra.
Ler máis...
 
Presentación en Vigo do libro “Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014”, de Carlos Méixome Quinteiro. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 18 Xuño 2015 21:38

2capa-libro-carlos

Os relatos, artigos e reflexións dos que é autor o profesor e director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, chegan  reunidos no libro titulado: Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Obra escrita por un historiador que exerce o seu dereito “de explicar o Mundo dende aquí, sen medo a implicarse nos asuntos do mundo real cunha perspectiva trazada dende Galicia”.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. será presentada en  Vigo o martes 23 de xuño ás 20:30 horas na Libraría Andel (Camelias, nº 102)  nun acto que  contará coa presenza da xornalista Ana Guantes e o concelleiro de Gondomar Antonio Arújo Quintas, autor do prólogo ademais do autor.

Ler máis...
 
Libros dixitais do IEM para descargar: “Volumes de Alivio”, da poeta cubana Dania D’Alfonso. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Textos literarios
Escrito por IEM   
Luns, 18 Maio 2015 18:38

dania

Presentamos hoxe o poemario Volumes de Alivio da poeta cubana Dania D’Alfonso, en tradución de Miguel Anxo Mouriño. Dania, que vive en Morgadáns (Gondomar) dende hai máis dunha década, desenvolve a súa actividade profesional como cantante; témola visto e escoitado algunhas veces na vila condal, coa súa voz tan cálida e agradable, interpretando canción lírica dentro do grupo Soño de Calíope ou individualmente, no auditorio Lois Tobío, en magnífica interpretación dalgunhas arias de distintas óperas.

Ler máis...
 
Edicións dixitais do IEM para descarga gratuíta: “Cinsa” e “Desenvolvendo o nobelo”. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Libros dixitais
Escrito por IEM   
Luns, 30 Marzo 2015 21:28

cpas-cinsa-nobelo

Abrimos este espazo dedicado a compartir cos nosos seareiros algúns libros merecentes, ao noso xuízo, de divulgación de acordo con parámetros de calidade e interese que o noso equipo editorial decidirá. Perseguimos con esta iniciativa dous obxectivos. Por unha banda pór a disposición dos nosos amigos escritos que, posiblemente, non atoparían noutras canles. Pola outra, proporcionarlles a escritores (noveles ou non) a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e sometela á consideración dos lectores que adoitan visitarnos.

Ler máis...
 
Presentación do libro “Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014”, de Carlos Méixome Quinteiro. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 24 Marzo 2015 00:00

2capa-libro-carlos

Os relatos, artigos e reflexións que durante máis dunha década deste século XXI publicou o historiador e director do IEM, Carlos Méixome Quinteiro,  en diversos medios do país chegan agora reunidos nun único exemplar auto-editado:  Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. Obra escrita por un “galego sen complexos”, en palabras de Antonio Araújo Quintas (prologuista) que reflicte o exercicio do dereito “a explicar o Mundo dende aquí”, e sen o medo a “se contaminar implicándose como historiador nas cousas do mundo real”. Sentenza á que engade no prólogo que “Hoxe a maioría das súas hipóteses ou análises son realidades confirmadas e contrastadas pola vía dos feito”.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. será presentada o vindeiro venres 27 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), nun acto que  coordinará o subdirector do IEM,  Xosé Lois Vilar e contará coa presenza do ex alcalde de Gondomar, Antonio Araújo Quintas e do autor.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 15