Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: “CHOVE, CHOVE, CHOVE, CHOVE”, de Pepe Cáccamo. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 21:27

Pepe Cáccamo creou este poema para o Diario Cultural da Radio Galega, respondendo a unha petición do ente para homenaxear o sesquicentenairo de Cantares Gallegos. Indícanos que o fixo en ton humorístico e en glosa parcial do poema rosalián Como chove miudiño. O divertimento poético, como el o cualifica, adquire, non obstante, certas connotacións que penetran fondamente na ánima e no ánimo daqueles lectores concienciados coa realidade cultural e lingüística de Galicia; non por casualidade, pensamos, di que chove nos versos de Rosalía, a autora representativa da nosa identidade. Chove, chove, chove, chove, unha chuvia constante, teimuda coma un boi turrón (aran os bois e chove), que recrea e eterniza sobre o noso país esa Negra Sombra da poeta nacional.

Preme aquí para descargar o texto

Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias

 
Colaboracións Literarias: “Pulo”, de Fino Lorenzo PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 20:56

Compartimos o relato Pulo, de Fino Lorenzo, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.

Preme aquí para descargar o texto.

Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias.

 
Colaboracións Literarias: Amigos do IEM Versus Cianuro PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 12 Novembro 2013 20:26

1360872372371mina-oro-corcoestoc4

A Asociación Cultural Caldeirón promoveu recentemente a publicación dun poemario contra a iniciativa da empresa Edgewater de iniciar a extracción de ouro en Corcoesto, unha mina a ceo aberto que empregaría cantidades importantes de cianuro, coa irremediable consecuencia, segundo moitos ecoloxistas e científicos, de danos ambientais irreversibles. As actividades desta empresa na bisbarra foron suspendidas pola Xunta, pero non de forma radical, senón só por non reuniren a dia de hoxe os requisitos necesarios. Por iso a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños segue levando a cabo xestións para conseguir unha suspensión definitiva. Ultimamente conseguiu a adhesión de 236 personalidades do mundo da ciencia e da investigación.
No libro editado por Caldeirón, Versus Cianuro -unha morea-marea de poemas comprometidos- participan poetas de toda Galicia; algúns deles están vinculados a ou relacionados co Instituto de Estudos Miñoranos, que quixo sumarse a esta loita reunindo en breve antoloxía estas achegas de Amigos do IEM Versus Cianuro.

Preme aquí para descargar os textos

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias:"FALABAN de afogadas que chegaban do leste", de Marta Dacosta PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Novembro 2013 09:16

Argola, poemario de Marta Dacosta, acadou o I Premio de Poesía O Figurante; o libro constrúese arredor dunha escrava atlántica no Imperio Romano, un espírito libre que unha  argola dourada intenta someter aos intereses do imperio, pero segue a soñar coa marabillosa natureza de auga e luz á beira das ondas duras e locuaces das praias que a viron nacer,  e arela virarse ninfa en loita contra as naves invasoras, idea que nos transporta á lenda dos Herminios nas Illas Cíes asoballados por César, pero tamén a tantas conquistas e tantas colonizacións nas que, sempre, hai unha argola dourada para desactivar potenciais resistencias. O poema que publicamos quere anunciar a pronta aparición do libro, un libro que se inscribe, tamén, na simboloxía acuática desta poeta, Marta, da costa atlántica. Desfrutádeo como anticipo ao goce pleno.

Preme aquí para descargar o texto.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 14