Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: “A amiga de X”, de X Mourisca. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 21 Xaneiro 2014 22:09

A amiga de X, o texto de X Mourisca que hoxe compartimos continúa a historia do mesmo autor que co título O caderno de viaxe achegamos a pasada semana.

Preme aquí para descargar o texto

 

 
Colaboracións Literarias: “ O caderno de viaxe”, de X. Mourisca PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 14 Xaneiro 2014 22:59

Nesta nova achega das Colaboracións Literarias compartimos o relato O caderno de viaxe, de X. Mourisca.

Preme aquí para descargar o relato

 
Colaboracións Literarias: “O país das flores que camiñan”, de Carmen Penim. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 08 Xaneiro 2014 00:19

Compartimos o relato O país das flores que camiñan, de Carmen Penim, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.

“Nunha veiga entre dúas escarpadas montañas, vivía unha mata de flores. Nesa mata, unha delas era especialmente fermosa. Era diferente.”  Preme aquí para ler o relato completo.

Preme aquí para acceder ao catálogo completo das Colaboracións Literarias.

 
Colaboracións Literarias: “Escena do crime”, de Paco Álvararez Senra PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 30 Decembro 2013 22:21
O texto que hoxe compartimos,Escena do crime, é o resumo central do conto inédito "Pillabán", autoría de Paco Álvarez de Senra, "obtido de todas as fontes dispoñibles amañado cos fundamentos do método holístico comprensible do conxunto informante na súa integridade sen debullar cada unha das noticias pola súa procedencia ou natureza.
Será pois a concreción do relato aténdonos á mestura da fariña dos feitos probados do conto, máis a auga con que os amasaron as testemuñas, máis o sal co que a imaxinación colorea todas as cousas, máis o fermento con que todo iso levedou ao cocer na miña cachola".
Preme aquí para descargar o texto completo
Preme aquí para ver o catálogo completo das Colaboracións Literarias.
 
Colaboracións Literarias: “DELATORA”, de María Goretti Fariña PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 23 Decembro 2013 22:28
"Di todo ben amodo,
con aire de solpor e voz de queixa.
Deixa caer o conto
coma un alivio horizontal que presta,
un murmurio teimoso
sen asomo de feles nin xenreiras,
un adxectivo agre,
a denuncia dalgunha escura eiva,
sombra, pedra, feluxe,
cun xeito no que todo se envelena."

 

Preme aquí para acceder ao texto completo DELATORA, de María Goretti Fariña.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 15