Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: “A bola” de Mª Goretti Fariña. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 01 Outubro 2013 23:01

Mª Goretti Fariña tráenos hoxe o agasallo suculento do pan, no formato máis tradicional, a bola saborosa, bocado exquisito aínda que sexa sen compango, nin viño, nin friame; elixe, tamén, unha estrofa, os tercetos encadeados, que remontan a súa tradición ata o divino Dante, e amósasenos poboada de moi ilustres cultivadores en todos os tempos e lugares. E, para completar a adxectivación do seu poema, levar os alimentos á poesía é un feito que podemos rastrexar xa dende Homero e que se estende por todos os países e épocas, con exemplos egrexios como Baudelaire (viño), Gabriela Mistral (pan) ou Pablo Neruda (congro); no noso ámbito o poema de Goretti ten antecedentes non menos insignes; gústanos pensar esta bola formando equipo, e complementándose mutuamente, co xamón de Otero Pedrayo e o viño espadeiro de Cabanillas, e buscando, todos tres, o recuncho ledo dunha tasca e a compañía, tan tradicional, alegre e reconfortante, dos cantares tabernarios. Sexa benvida a bola de Fariña.

Preme aquí para descargar o texto

Preme aquí para ingresar ao índice das Colaboracións Literarias

 
Colaboracións Literarias: “A maceira e o merlo”, por X Mourisca PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 24 Setembro 2013 22:45

Compartimos o relato A maceira e o merlo, de X Mourisca, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.

Preme aquí para descargar o texto.

Preme aquí para consultar o catálgo das Colaboracións Literarias

 
Colaboracións Literarias: Triloxía “Suite da Barosa”, de Calros Solla. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 17 Setembro 2013 23:04

As Colaboracións Literarias desta semana son feitura do escritor Calros Solla, gañador do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dunha triloxía de relatos, “A certeza da auga”, “A arte de Nai” e “A eterna espiral”, reunidas baixo o título Suite da Barosa.

Preme aquí para descargar o relato

 
Colaboracións Literarias: “Ida e volta”, de Paco Álvarez de Senra . PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 11 Setembro 2013 00:54

Achegamos unha nova Colaboración Literaria, co texto poético "Ida e volta", de Paco Álvarez de Senra.

Preme aquí para descargar o texto

 
Colaboracións Literarias: “A Cala das Sereas”, de Julio Villarino. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 03 Setembro 2013 22:39

Julio Villarino é un mozo de Baiona, aínda que vive en terras luguesas por mor do traballo. Está preparando a publicación do seu primeiro libro de relatos titulado Lendas de Baiona, do que forma parte "A Cala das Sereas", texto que compartimos hoxe.

Preme aquí para descargar o relato

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 15