Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: “As escritoras galegas á procura dun espazo propio”, por Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 06 Agosto 2013 19:36
O texto As escritoras galegas á procura dun espazo propio, foi elaborado pola escritora Marta Dacosta para o relatorio presentado na mesa redonda "Da voz e da man das mulleres" celebrada na Feria Internacional del Libro de La Habana, o 23 de febreiro de 2008.
Preme aquí para descargar o texto
 
A escritora Elvira Riveiro impartirá un curso de creación literaria na sede do IEM PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 02 Agosto 2013 19:46

Elvira_Riveiro_AELG-1

Dende o Instituto de Estudos Miñoranos andamos a darlle voltas a novas iniciativas culturais para ofrecerllas ás persoas asociadas ou non, na nosa teima de potenciar, divulgar e participar na creación da cultura de noso. Andamos agora a argallar varios cursos dos que vos iremos informando sucesivamente. Para comezar pretendemos darlle forma a un Curso de Creación Literaria (poesía e prosa) que se desenvolvería os xoves de 18:30 a 19:30 na nosa sede (Aula de Cultura Ponte de Rosas, situada en Avda da Feira,nº 10 (Gondomar).

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “No Peirao”, por X. Mourisca PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 30 Xullo 2013 19:16
A picaresca e a tenrura propias da infancia tinguen esta historia de verán que nos obsequia X. Mourisca, nesta nova entrega das Colaboracións Literarias.
Para descargar ou ler en liña o conto preme aquí.
Para descargar ou ler en liña outros textos das Colaboracións Literarias, preme aquí.
 
Colaboracións Literarias: “O adeus”, de Eva Rodríguez Ferreiros. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 23 Xullo 2013 19:19

Dentro do xénero dos relatos breves, O adeus, de Eva Rodríguez Ferreiros,achéganos unha historia onde a decisión de dar punto final a unha relación esperta no personaxe unha serie de reflexións e sentimentos propios de quen sabe que deixa un espazo coñecido e comeza a transitar na incerteza dun camiño novo.

Preme aquí para descargar O adeus

 
Colaboracións Literarias: “GRAZAS, ARIOSTO”, por Miguel Anxo Mouriño PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 16 Xullo 2013 19:23
O artigo que compartimos esta semana nas Colaboracións Literarias achéganos, ademais dun interesante relato, a posibilidade de ler por primeira vez, algunhas das oitavas do poema Orlando Furioso de Ludovico Ariosto, nunha tradución ao galego directa do orixinal, feita por Miguel Anxo Mouriño. En "GRAZAS, ARIOSTO", Mouriño cuestiona a tradución castelá do poema heroico feita por Urrea no século XVI, e tomada como base das traducións ao galego coñecidas ata o de agora.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 15