Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura
Skip to content
Filoloxía e literatura
Colaboracións Literarias: “Sextina do silencio” e “Sextina da sospeita”, por María Goretti Fariña. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Martes, 30 Abril 2013 19:28
Nesta décima achega das Colaboracións Literarias presentamos dous poemas de María Goretti Fariña, gañadora do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.
Para descargar o texto preme aquí.
 
“Lento Auschwitz lingüístico en Galicia”, por X. M. Rivas PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 26 Abril 2013 19:51

Con motivo do 25 aniversario do xornal A Peneira, X. M. Rivas escribiu o artigo "Lento Auschwitz lingüístico en Galicia", publicado no número 500 da citada publicación no ano 2009. O escrito mantén plena vixencia, tanto polas súas reflexións sobre os históricos problemas que atinxen ao eido lingüístico no país, coma polas súas achegas e pescudas documentais que apoian cada unha das afirmacións contidas no texto.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “A subversión do feminino”, por Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Martes, 23 Abril 2013 19:09
Esta nova achega das Colaboracións Literarias non vai de contos. Acaso de poesía, máis como instrumento de reflexión que de xénero literario. Aínda que escribe unha poeta, o acto reflexivo imponse por riba do xénero, nun chamado á subversión que valla a redundancia agora si é cuestión de xénero.
Preme aquí para descargar "A subversión do feminino", por Marta Dacosta.
 
Colaboracións Literarias: “OS URUGUAIOS VIÑERON DESPOIS”, de Pablo Casal. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 16 Abril 2013 09:46

galinheiro-dende-gondomar

Pablo Casal Núñez naceu en Vigo en 1968 e licenciouse en Educación Física en 1994. Ademais de autor de varias publicacións na súa especialidade, Pablo Casal leva adiante un abondoso traballo na protección e divulgación do patrimonio natural e etnográfico do Val Miñor. Parte do cal será proximamente publicado nunha unidade didáctica: A orientación en puntos de interese arqueolóxico, xeolóxico e etnográfico da serra do Galiñeiro. Ofrecemos o relato "OS URUGUAIOS VIÑERON DESPOIS", da súa autoría, nesta oitava entrega das Colaboracións Literarias.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Microrrelatos dende a Patagonia”. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Martes, 09 Abril 2013 23:08
Hoxe publicamos a primeira achega "ultramariña" das Colaboracións Literarias. Os "Microrrelatos dende a Patagonia", son feitura de Santiago Márquez Pérez, nado en Morgadáns o 17 de Febreiro de 1948. Fillo e, último descendente, de campesiños labregos, que sufriran a sangría da emigración no último século e medio. Dende os 8 anos viviu en Montevideo, Uruguai onde casou e tivo tres fillos. No ano 1984 mudou á Patagonia arxentina, onde actualmente reside. Preme aquí para descargar o relato.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 15