Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Fosas de San Xián
Skip to content
Fosas de San Xian
O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Novembro 2013 23:18

Colaboradores-traballan-na-

Os restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións .

Ler máis...
 
A mostra "Atopados" no IES Ricardo Mella (Vigo). PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Novembro 2012 00:33

fotos.curso.2011-2012_006

"Na casa a veces comentáronme algo, mais coido que pasou fai moito tempo". " Non me creo que castigaran a xente por pertencer a outro partido político". " Eu nunca souben tal cousa". Estes son algúns dos comentarios que alumnos do IES Ricardo Mella fixeron aos profesores ao contemplar a mostra "Atopados", que dende principios de novembro está exposta no devandito centro.
Composta de 11 ploters explicativos, "Atopados" informa da investigación histórica, a escavación arqueolóxica e a identificación anatómico-forense e xenética dos cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián, O Rosal, en abril de 2009 polo IEM en colaboración coa Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago.
Ler máis...
 
Artigo do Jornal das Noticias de Portugal sobre as Fosas de San Xian. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Martes, 15 Febreiro 2011 00:16

xornal-portugal

No remate de xaneiro o xornalista do Jornal das Noticias Paulo Julião acompañado do fotógrafo Paulo Magalhães realizou unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para realizar unha reportaxe sobre os dous cidadáns protugueses asasinados en febreiro de 1937 (Abilio e Manuel Prudêncio) e soterrados en San Xián, O Rosal que que foron exhumados e entregados aos seus familiares.
Attachments:
Download this file (artigo_juliao_web.pdf)Artigo de Paulo Juliao[ ]5135 Kb
Ler máis...
 
Artigo do xornalista Carlos Pessoa do xornal Público de Lisboa sobre As Fosas de San Xian. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Luns, 14 Febreiro 2011 22:35

P2-Represso-sobre-portugueses-na-Galiza-12.02

O pasado venres 4 de febreiro e o sábado 5, o xornalista do diario Público de Lisboa Carlos Pessoa e o fotografo Paulo Pimenta do mesmo xornal cursaron unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para elaborar unha reportaxe sobre as fosas de San Xián, nomeadamente para dar a coñecer en Portugal o caso de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudêncio, cidadáns portugueses residentes en Chaín (Gondomar), asasinados o 10 de febreiro de 1937.
Attachments:
Download this file (Binder1.pdf)Artigo de Carlos Pessoa[ ]505 Kb
Ler máis...
 
Entregáronse os restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Luns, 29 Novembro 2010 23:40

bandera-web

Acompañados polas autoridades do Concello de Nigrán, membros do IEM, familiares e público en xeral, o sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Nigrán, entregáronse os restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia . Os mesmos foron soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.

 

Attachments:
Download this file (Intervencion Carlos Meixome.pdf)Intervención Carlos Méixome[ ]46 Kb
Download this file (TEXTO PARA LEER DE FERNANDO SERRULLA.pdf) Fernando Serrulla [ ]15 Kb
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3