Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Fosas de San Xián Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familia
Skip to content
Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familia PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Mércores, 28 Xullo 2010 21:18
plotter-recortado-web
Download this file (AT1 copia.pdf)
Download this file (AT2 web.pdf)
Download this file (AT3 web.pdf)
Download this file (AT4 web.pdf)
Download this file (AT5 web.pdf)
Download this file (AT6 web.pdf)
Download this file (AT7web.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 8
  • Seguinte
O próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.
No acto, aberto ao público, ademais dos familiares de Abilio e Manuel estará presente o equipo de traballo multidisciplinar que realizou o proceso de investigación histórica, exhumacións, estudo anatómico-forense e a identificación xenética.
No acto de entrega dos restos conducido pola escritora Rexina Vega intervirán Carlos Méixome, director do IEM que achegou a documentación histórica; o arqueólogo Xosé Lois Vilar que dirixiu as escavacións; o doutro Fernando Serrulla que realizou o estudo anatómico-forense, así como o catedrático da Universidade de Santiago e director do proxecto "Os nomes, as voces, os lugares", Lourenzo Fernández Prieto e a ex-conselleira de Cultura Ánxela Bugallo que, na altura, impulsou o proceso de exhumacións con todos os requirimentos científicos.
A este respecto temos que indicar que os restos de Abilio Araujo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario segundo informes do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, conclúese. que en ámbolos dous casos:
-En termos porcentuais, o valor de probabilidade para a hipótese de que os restos sexan dos pais biolóxicos de Álvaro Araújo Losada e Angelina Prudencio Penedo é, respectivamente, de 99,999999%.
Axuntamos, en formato pdf, diversas informacións sobre todos estes procesos