Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Fosas de San Xián Tres das cinco persoas atopadas nas fosas de San Xián descansan nos nichos familiares
Skip to content

Relacionados

Tres das cinco persoas atopadas nas fosas de San Xián descansan nos nichos familiares PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Martes, 03 Agosto 2010 21:09
urnas-das-persoas-exhumadas
Logo dun ano de comezados os traballos no devandito cemiterio, Abilio Araújo Losada, Manuel Prudencio do Rosario e seguramente Manuel ou Jesús "O palero de Laureana" recibiron sepultura o pasado sábado pola tarde.
Ao mediodía foron entregadas nun acto emotivo as tres urnas cos restos atopados aos familiares de Abilio e Manuel. Bastante máis dun cento de persoas achegáronse ao Aula de Cultura Ponte de Rosas para acompañar aos parentes dos asasinados.
Os presentes foron informados dos traballos de investigación histórica, arqueolóxica e forense a través dun conxunto de paneis con textos e imaxes (links plotters) . A escritora Rexina Vega tivo a seu cargo a presentación e desenvolvemento do acto. As tres urnas sobre a bandeira de Galicia presidiron a cerimonia. Fixeron uso da palabra o director do IEM, Carlos Méixome, o arqueólogo encargado das escavacións Xosé Lois Vilar (IEM), Fernando Serrulla, antropólogo-forense da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto catedrático da Universidade de Santiago e director do proxecto "Nomes e voces", a ex conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, Álvaro Araújo Losada e Angelina Prudencio Penedo, fillos de Abilio e Manuel respectivamente.
O proxecto non está pechado. Quedan por rematar as investigacións sobre a identidade de dúas persoas: Joaquín de la Iglesia Portela (xa no laboratorio para probas de ADN), e outra da que non temos datos fiables ata o de agora. Picando aquí o álbum de imaxes do acto.