Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Fosas de San Xián Rexistros da Memoria.
Skip to content

Relacionados

Rexistros da Memoria. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Luns, 25 Outubro 2010 22:10

{youtube width="200" height="160"}V3ADFDaj-EU{/youtube}

A partir deste luns e con periodicidade semanal, baixo o título Rexistros da Memoria o Instituto de Estudios Miñoranos comezará a publicar parte do seu arquivo oral sobre memoria histórica. Esta realización ten por obxectivo achegar a todos os usuarios da web, os materiais e testemuños que alicerzaron as diferentes investigacións que sobre esta cuestión está a desenvolver o IEM.

A primeira serie leva como título "As Fosas de San Xián" e teñen por protagonista a Álvaro Araújo, fillo de Abilio, veciño da parroquia gondomareña de Chaín. Abilio é unha das cinco vítimas exhumadas no cemiterio de San Xián no ano 2009. O testemuño de Álvaro Araújo foi fundamental para contextualizar a información que se ía recollendo dos veciño de San Xián, así como a documentación dos distintos arquivos consultados. Entendemos que estes documentos son de interese público e como é política da institución deixámolos a disposición da cidadanía.

{youtube width="400" height="320"}V3ADFDaj-EU{/youtube}