Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Fosas de San Xián Rexistros da memoria: "Os sete de Chaín"
Skip to content
Rexistros da memoria: "Os sete de Chaín" PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Luns, 08 Novembro 2010 22:57

{youtube width="200" height="160"}VsIuluhwUjc{/youtube}

Vítimas, verdugos e salvadores é a triloxía que se amosa nesta testemuña de Álvaro Araújo, fillo de Abilio, uns dos veciños de Chaín asasinados na madrugada do 10 de febreiro de 1937 por un grupo de gardas cívicos.


A testemuña, recollida polo historiador Carlos Méixome (IEM), ademais do seu valor histórico, reflicte un exemplo claro dos novos fíos polos que os investigadores desta etapa do noso país reclaman como paso necesario no seu tratamento. A testemuña "Os sete de Chaín", fainos lembrar un anaco do primeiro punto das Conclusións das Xornadas sobre "O estudo da represión no primeiro franquismo na Provincia de Pontevedra" que di: "... que a tensión social que seguen a provocar estes estudos está en relación coa non asunción por algúns sectores sociais dun conflito que só asumirá o carácter de <> cando se poida investigar o que aconteceu coas vítimas, e tamén aos verdugos e aos salvadores."

{youtube width="400" height="320"}VsIuluhwUjc{/youtube}