Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Fosas de San Xián Artigo do xornalista Carlos Pessoa do xornal Público de Lisboa sobre As Fosas de San Xian.
Skip to content
Artigo do xornalista Carlos Pessoa do xornal Público de Lisboa sobre As Fosas de San Xian. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Luns, 14 Febreiro 2011 22:35
P2-Represso-sobre-portugueses-na-Galiza-12.02
Download this file (Binder1.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O pasado venres 4 de febreiro e o sábado 5, o xornalista do diario Público de Lisboa Carlos Pessoa e o fotografo Paulo Pimenta do mesmo xornal cursaron unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para elaborar unha reportaxe sobre as fosas de San Xián, nomeadamente para dar a coñecer en Portugal o caso de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudêncio, cidadáns portugueses residentes en Chaín (Gondomar), asasinados o 10 de febreiro de 1937. Os seus corpos foron exhumados da fosa 1 de San Xián e tras a identificación anatómico- forense e xenética foron entregados aos seus familiares o 31 de xullo de 2010.
Achegamos a reportaxe publicada no Público. Poden consultala nos PDF que axuntamos ou directamente no xornal  e o link de unha fotogalería con as imaxes do fotógrafo Paulo Pimenta .
Attachments:
Artigo de Carlos Pessoa[ ]505 Kb