Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Fosas de San Xián A mostra "Atopados" no IES Ricardo Mella (Vigo).
Skip to content
A mostra "Atopados" no IES Ricardo Mella (Vigo). PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Novembro 2012 00:33
fotos.curso.2011-2012_006
fotos.curso.2011-2012_003
fotos.curso.2011-2012_007
fotos.curso.2011-2012_008
fotos.curso.2011-2012_011
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

"Na casa a veces comentáronme algo, mais coido que pasou fai moito tempo". " Non me creo que castigaran a xente por pertencer a outro partido político". " Eu nunca souben tal cousa". Estes son algúns dos comentarios que alumnos do IES Ricardo Mella fixeron aos profesores ao contemplar a mostra "Atopados", que dende principios de novembro está exposta no devandito centro.
Composta de 11 ploters explicativos, "Atopados" informa da investigación histórica, a escavación arqueolóxica e a identificación anatómico-forense e xenética dos cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián, O Rosal, en abril de 2009 polo IEM en colaboración coa Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago.
Como xa ten ocorrido noutros centros de ensino, a mostra esperta especial interese nos cadros docentes pola súa achega dende unha mirada científica e documentada do episodio histórico, e os posteriores traballos interdisciplinares onde arqueólogos, historiadores e forenses fixeran un traballo modélico na materia.
Dende o IEM ofertamos a todos os centros educativos a posibilidade de trasladar ás súas instalacións esta exposición de fácil transporte e doada montaxe.