Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Fosas de San Xián O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán.
Skip to content
O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Novembro 2013 23:18
Colaboradores-traballan-na-
lapida-restaurada
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións .

Ademais da recuperación da urna, o equipo de voluntarios e colaboradores colocou unha nova lápida que substitúe a orixinal que aparecera partida en varios anacos. Por outra parte os restos deberon ser obxecto dun tratamento de secado para a súa conservación, posta en perigo tras a exposición ás chuvias ante a falla de protección.

Esta persoa que xunto con outros cinco veciños do Val Miñor fora executada e soterrada en dúas fosas próximas ao cemiterio de San Xián no ano 1937, descansa agora nun espazo digno á espera da aparición dun familiar que permita a súa identificación e a posibilidade dun novo enterramento se así o desexan os seus achegados.